A telefonía mobil centra as reclamacións dos consumidores de Salceda

:: No 2007 a OMIC do municipio tramitou 50 reclamacións ::

 A Oficina Municipal de Información o Consumidor (OMIC) do Concello de Salceda de Caselas, dependente da Concellaría de Benestar Social, Voluntariado, Igualdade, Sanidade e Consumo dirixida por Mónica Vizcaya, recibiu o longo do ano 2007 un total de 155 consultas relacionados con temas sobre garantías, dereitos dos consumidores, reparación de bens consumibles, revogacións de contratos, etc…a súa tarefa nestes casos foi de información ou mediación. A súa vez tramitou un total de 52 reclamacións o Instituto Galego de Consumo (IGC), para que este decidise se os denunciados se someterían a Arbitraxe de Consumo ou se resolverían mediante outro tipo de vía administrativa.

Por apartados, resaltar que das 50 reclamacións 20 foron contra empresas de telefonía móbil e fixa, sendo este o apartado máis destacado tamén nas consultas, seguen a distancia as reclamacións relacionadas coa venta de electrodomésticos e a venta de productos a domicilio con 5 reclamacións cada unha, a continuación os talleres de automóbiles con 3 e as zapaterías, comercios e téxtiles, as clínicas médicas, as compañías eléctricas, as constructoras, a banca e as financeiras con 2 cada unha; e por último as academias, os inmobiliarios e as estacións de servicio con 1 reclamación interposta.

Advertisements

0 Responses to “A telefonía mobil centra as reclamacións dos consumidores de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: