O Porriño celebra un ano máis a tradicional Festa do Cristo dos Cachos

::A festa terá lugar o domingo durante todo o día desde as 10 da mañá::

 Patrocinada pola Concellería de Festexos do Concello de Porriño e organizada por un grupo de veciños e veciñas do barrio, o domingo celebrarase desde as dez da mañá a tradicional Festa do Cristo dos Cachos, unha festa que desaparecera do calendario festivo do municipio e que se recuperou fai tan só uns anos.  
A organización decidiu este ano apostar máis forte pola festa. “Antigamente esta celebración era unha das de máis importancia e arraigamento no pobo; cremos que canto máis apostemos por ela máis futuro terá” sinala a presidenta da comisión organizativa Ángeles Alonso. Para isto configurouse un programa máis nutrido que o de anos anteriores.

Desde as 10 da mañá comezan as actividades no barrio.  Ás 10: 30 a Banda de Música Municipal de Porriño fará un pasacalles desde a Praza do Concello ata a de San Sebastián para dúas horas máis tarde ofrecer un concerto no recinto da festa. Á 13:00 terá lugar a misa solemne cantada polo coro Orfeón Porriñés, ás 17:00 actuará o grupo de baile folclórico Agarimo de Torneiros e, como novidade, ás 18:30 haberá un fin de festa coa orquestra Trío Sabor. Ademais do produto que dá nome á festa, os “cachos” (centolas), servidos polo Restaurante Volante, tamén se poderá degustar polbo, rosca, rosquillas pan e viño.

 Ángeles Pérez como maiordoma maior, Ángeles Alonso como presidenta, Blanca Moreira como secretaria , Luisa Alonso como tesoreira, Ana Saavedra e Pura Lourido como vocais e Marcial Sequeiros, Pepe Lago, Antonio Moreira e Modesto Giráldez como colaboradores conforman a comisión que este ano, co apoio do Concello, organizan o evento. Esperan que a xente responda “e o tempo acompañe” e queren deixar tamén algo claro: “non é tan importante a parte gastronómica da festa como a recuperación e consolidación da festa en si”.

Unha festa con historia
Ao redor dun cruceiro erguido polos veciños querendo conmemorar a resistencia porriñesa á entrada dos franceses na vila, foi medrando un barrio que se chegou a converter nun dos máis emblemáticos de Porriño.
Honrando ao Cristo dos Aflixidos empezouse a celebrar unha festa, o primeiro domingo de maio, que aos poucos foi mesturando o lecer co relixioso cobrando un importante protagonismo a parte gastronómica, neste caso as centolas ou “cachos”, denominación esta última que acabou por significar popularmente o nome do barrio. A festa acabou desaparecendo a principios dos anos 80 e, despois de varios intentos, os veciños do barrio conseguiron rescatarla  co apoio do Concello.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño celebra un ano máis a tradicional Festa do Cristo dos Cachos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: