Política Territorial licita a redacción do proxecto do novo vial que conectará a futura autovía Vigo-O Porriño co segundo cinto


:: Esta infraestrutura terá sección de autovía e permitirá que o tráfico que chegue a Vigo dende a A-52 a través da nova autovía Vigo-O Porriño se distribúa entre a avenida de Madrid, o Segundo Cinto e o vial da Universidade ::

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes licita, coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental do novo vial que conectará a futura autovía Vigo-O Porriño, que impulsa o Ministerio de Fomento, co Segundo Cinto de Circunvalación. Esta nova infraestrutura, que foi avanzada pola conselleira María José Caride en Vigo o pasado mes de decembro e que está recollida no Plan Viario Integral da Área de Vigo presentado hoxe, terá características de autovía.

O novo vial permitirá enlazar a futura autovía Vigo-O Porriño que construirá o Ministerio de Fomento co Segundo Cinto, coa avenida de Madrid nas proximidades do Seminario e co vial de acceso á Universidade. Esta infraestrutura que agora comeza a deseñar Política Territorial permitirá, polo tanto, dar continuidade e diversificar os tráficos que cheguen a Vigo a través da nova autovía Vigo-Porriño que suporá unha comunicación directa da cidade coa Autovía das Rías Baixas (A-52). O proxecto que redactará a CPTOPT deseñará un vial de distribución seguro e homoxéneo do que se carece na actualidade e no que se terán en conta os accesos ao novo hospital da cidade, mellorando así as comunicacións das que disporá esta dotación sanitaria.

O proxecto que hoxe licita a Consellería de Política Territorial conta cun orzamento de 271.055,34 euros e un prazo de redacción de 18 meses.

Advertisements

0 Responses to “Política Territorial licita a redacción do proxecto do novo vial que conectará a futura autovía Vigo-O Porriño co segundo cinto”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: