Vaqueiro pide calma a Francés e o convida a buscar solucións para arranxar o abandono do Polígono de As Gándaras

:: O voceiro socialista, Iván Vaqueiro, afirma que sen o recepcionamento do Polígono, non se podería ter construido o Parque Comarcal de Bombeiros ::

 Iván Vaqueiro, voceiro municipal do Partido Socialista no Porriño respondeu  ás declaracións do alcalde Raúl Francés feitas por este sobre o estado dos Polígonos Industriais pedindo ó rexedor calma e invitandoo a sentarse na procura de solucións ó problema. “Botar a culpa ós demais non vai solucionar o estado de abandono que sufre o polígono por parte da concellería de vías e obras”.

 Vaqueiro lembrou a Francés que se o Polígono non se tivese recepcionado, O Porriño non podería contar co Parque Comarcal de Bombeiros, e afirmou que Francés non debe “estar na misa e repicando”, aludindo á súa presencia na inaguración do Parque de Bombeiros logo de ter votado en contra de recepcionar o Polígono.

 O socialista afirmou que o Polígono de As Gándaras necesita unha maior atención, e que a Concellería de Vías e Obras ten Orzamento suficiente para facer un mínimo mantemento mentres non se acade máis financiación.

 Vaqueiro lembrou que dende fai uns anos, a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que xestiona o BNG, publica unha orde de subvencións para mellorar os Polígonos, e descoñece se este ano o Alcalde pediu esta axuda, algo que, afirmou o voceiro socialista, preguntará a Francés no vindeiro pleno.

 Por último, Vaqueiro pediu a Francés que non goberne “contra a sociedad civil”, senon que se sume a ela na procura de solucións. “Non se trata de culpar ós demais partidos dos problemas, senón de sentarse con eles na procura de solucións. Os Polígonos Industriais xeneran unha importante cantidade de impostos ó Concello, e non podemos telo abandonado”

Por último, Vaqueiro lembrou que o Grupo Socialista na Deputación presentou unha moción pedindo que a Deputación aporte financiación para mellorar o firme, e anunciou unha pregunta no Parlamento de Galicia ante a Consellería de Innovación e Industria para coñecer a súa opinión sobre este tema e ver se apoia ou non ó sector empresarial de Porriño.

Como conclusión, Vaqueiro voltou a ofrecer a Francés a axuda do PSOE do Porriño para sentarse a falar dos orzamentos do Porriño, onde a situación dos Polígonos tense que debatir, e a fortalecer ó goberno acadando máis forza e apoios para solventar este e outros problemas do Concello.

Advertisements

0 Responses to “Vaqueiro pide calma a Francés e o convida a buscar solucións para arranxar o abandono do Polígono de As Gándaras”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: