Éxito do Xuvenil Feminino do Clube Balonmán Porriño

 

O Xuvenil Feminino do clube porriñés clasificouse para xogar a fase final do campionato estatal ao proclamarse gañador da fase estatal sector A celebrada no Porriño. As porriñesas impuxéronse nos tres partidos disputados ante o Aula Cultural de Valladolid, o aceuchal de Badajoz e o Farho de Xixón.

 

A fase final desputarase en Madrid entre os días 7 e 11 de Maio. As rivais das galegas serán Alcobendas, Remudas, Puig d´Valls, Zarautz e Fuengirola. O concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez, quixo felicitar ao Balonmán Porriño polos éxitos acadados recentemente no Campionatos Galegos Feminino e na Fase A do Estatal celebrado no Porriño.

 

 

 

 

 

 

 

 

“O Balonmán Porriño é xa un referente deportivo do noso municipio, tanto polos éxitos deportivos que acumula, como, e o máis importante, pola súa laboura a prol do deporte base. Desde o concello queremos darlle todos os ánimos necesarios cara a disputa da Fase Final do Campionato Estatal Xuvenil, onde representarán a Galiza e de seguro farán un gran papel”,  afirmou Marcos Rodríguez

Advertisements

0 Responses to “Éxito do Xuvenil Feminino do Clube Balonmán Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: