O concello de Salceda asina convenios coas entidades culturais e deportivas por valor de 117.500 €

 Marcos Besada, Alcalde de Salceda, en compañía de Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Deportes ven de asinar os convenios de colaboración coas entidades culturais e deportivas para este ano 2008.

 No eido cultural, un total de 13 asociacións entre as que están os centros culturais, as corais, a banda de música e os entroidos de A Feira e Castro Barreiro, van recibir un total de 48.600 €, partida que se incrementou nun 34% con respecto ao pasado ano. No acto de sinatura, o Alcalde destacou a importancia de que por vez primeira se incluísen os centros culturais nestas axudas nominativas xa que, en palabras do propio alcalde “sempre fostes os grandes esquecidos nos orzamentos”. Ademáis destes 48.600 €, a Concellaría de Cultura reserva outra partida de 7000 € para que outras entidades culturais do municipio reciban tamén axudas económicas do Concello. Esta partida aumentouse tamén nun 31% con respecto ao 2007. Esta convocatoria de subvencións ven de aprobarse na última Xunta de Goberno Local, polo que nos próximos días se abrirá o prazo de solicitudes. Alcalde e Concelleira manifestaron tamén o seu desexo de que cada vez sexan máis as asociacións que reciban as axudas de maneira nominativa, evitándolles así o proceso de solicitude de subvencións, e podendo ter xa claro dende principio de ano a axuda que van recibir do Concello.

 No que se refire ao deporte asináronse 68.900 € entre os Clubes de fútbol, baloncesto e balonmán Caselas, as Escolas Deportivas Municipais, o Club Ciclista Aragonta e o Club de Xadrez Altamira. Tanto o Club Ciclista como o de xadrez é a primeira vez que se inclúen nestas axudas nominativas. A Concellaría de Deporte reserva tamén unha partida de 6000 € para outras entidades deportivas do concello, tales como os equipos de futbol aficionado que cada domingo xogan nos campos das parroquias, e que nunca recibiron axuda algunha por parte do Concello. A maior parte destes equipos non estaban constituídos como club deportivo, paso que están dando agora co asesoramento da Concellaría de Deporte de Salceda, para poder así ter acceso ás axudas tanto por parte do Concello como das demáis adiminstracións públicas. A partida da Concellaría de Deporte no que se refire a axudas aos clubs incrementouse tamén nun 15 %.

 O Alcalde de Salceda, Marcos D. Besada, amosoulles ás entidades o total apoio do Concello, ao traverso da Concellaría de Cultura e Deporte, poñendo á súa disposición as instalacións municipais existentes para levar a cabo os seus actos públicos, e ofrecéndolles o asesoramento preciso nos trámites que cada unha delas teña que desenrolar.

Advertisements

0 Responses to “O concello de Salceda asina convenios coas entidades culturais e deportivas por valor de 117.500 €”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: