Presentouse o programa Rede Rural Alzheimer no Porriño

  

O acto de presentación ante os medios de comunicación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello do Porriño, e contou coa presenza do Presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, a concelleira de Benestar Social do Concello do Porriño, Miriam Martínez Troncoso, e as concelleiras de Benestar Social dos concellos de Tui e Ponteareas, Patricia Ricón e Nava Castro.

O Concello do Porriño informa da presentación do programa Rede Rural Alzheimer, que a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) vai poñer en marcha nos concellos do Porriño, Ponteareas, Redondela e Tui. Esta programa consiste na aplicación de pautas de actuación dos familiares dentro do domicilio, que faciliten a promoción da autonomía funcional, cognitiva e física da persoa enferma de alzheimer ou outra demencia neurodexenerativa. A Rede Rural Alzheimer é un programa piloto dun ano de duración, e pode ser solicitado por familiares ou convivintes dos enfermos de alzheimer. No Porriño, os/as interesados/as deben dirixirse á oficina de AFAGA na rúa Pinar 7, baixo, ou solicitar información no departamento de Servizos Sociais do Concello.

O presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, afirmou que  “O programa vai dirixido aos lugares onde máis problemas hai, no medio rural, lonxe das facilidades que se poden atopar nas grandes cidades. Traballarán na Rede Rural Alzheimer un/unha traballadora social, un/unha psicóloga, un/unha rerapeuta ocupacional e un/unha fisioterapeuta, tentando con esta atención a domicilio achegar recursos ao rural. O número estimado de familias afectadas por esta enfermidade na zona na que temos previsto actuar é de 700 a 800”

Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, Miriam Martínez Troncoso, destacou a grande oprtunidade que para o concello porriñés supón formar parte do proxecto, que fará mellorar a vida dos/das enfermos/as, así como a dos seus cuidadores e familiares.

 

Advertisements

0 Responses to “Presentouse o programa Rede Rural Alzheimer no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: