Bos Aires lembra aos inmigrantes de Mos

A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, festexou seu 90º Aniversario nestes días, coa Mostra fotográfica, “Mos na diáspora”; na mesma, nárrase a historia da Asociación a través de imaxes que reflicten a chegada dos inmigrantes. Dito evento, abriu a homenaxe a eses primeiros homes e mulleres que forxaron os seus destinos na a Arxentina. Ao día seguinte, seguiron os festexos cun banquete, ao que asistiron 300 persoas, con convidados especiais desde Galicia.

María De La Peña/ BOS AIRES

Estiveron presentes, a alcaldesa de Mos, María Jesús Escudero Lago (PSOE), o concelleiro de Cultura do Concello, Delfina Rodríguez Lorenzo (PSOE), o Concelleiro do BNG Xosé Manuel Martinez Ojea e a concelleira Nidia Arévalo Gómez do PP.

A alcaldesa de Mos dixo “estar feliz de estar en Bos Aires, compartindo un día tan especial”.
Agradecida pola invitación, lembrou “o camiño daqueles inmigrantes que axudaron tanto, desde a creación de escolas, o traballo e a solidariedade entre veciños”

Pola súa banda, o concelleiro do BNG dixo “estar totalmente agradecido cos residentes de Mos. Agradecido pola invitación e pola posibilidade de homenaxear a eses inmigrantes solidarios”.

Tamén a concelleira Nidia Arévalo Gómez do PP declarou estar feliz por participar desta homenaxe e compartir o 90ª Aniversario cos residentes de Mos.

Por último, nunha plural coincidencia sen distinción política, Delfina Rodríguez Lorenzo resume este sentir, ao dicir que “séntese orgullosa do traballo daqueles inmigrantes, que deixaron a súa terra e a súa familia. O sufrimento de separarse e chegar a Bos Aires; pensando alá e aquí. Facendo moitas cousas polo seu pobo, defendendo a nosa cultura e sempre, sen perder as ilusións”.

O banquete contou coa actuación das escolas da institución, un grupo propio de baile de Tango e o grupo rexional Lauriña.

Advertisements

0 Responses to “Bos Aires lembra aos inmigrantes de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: