A Xunta construirá unha pista polideportiva no IES de Parderrubias

A Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto, confirmoulle ao Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e á Concelleira de Deporte, Teresa Pérez, a construcción dunha pista polideportiva homologada nos terreos do Instituto de Ensino Secundario de Parderrubias.

Os técnicos da Dirección Xeral estiveron visitando o centro na compaña da directora do mesmo e dos mestres da área de deporte para redactar o proxecto definitivo.

A pista, dunhas dimensións regulamentarias de 40 x 20 m. terá un peche perimetral e uns equipamentos que van permitir a práctica de baloncesto, balonmán, voleibol e fútbol sala entre outros.

O Alcalde de Salceda valorou moi positivamente este investimento, demandado dende hai moito tempo pola comunidade escolar, e que vai permitir a utilización das instalacións deportivas do IES Pedras Rubias tamén fora do horario escolar, mediante a sinatura dun convenio de colaboración co centro.

“Estamos a facer un grande esforzo económico para que o IES Pedras Rubias sexa un lugar de referencia, tanto no aspecto educativo como no aproveitamento deportivo dentro e fora do horario laboral”. Toda as concellarías do goberno apostan firmemente pola colaboración máxima coa dirección do centro e a ANPA.

Advertisements

0 Responses to “A Xunta construirá unha pista polideportiva no IES de Parderrubias”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: