A alcaldesa asina con Barcovi o contrato para a execución do PXOM


:: María Jesús Escudero pretende que as diferentes etapas da redacción do PXOM sexan consensuadas por todas as formacións políticas do Concello ::

A xunta local de goberno, unha vez concluído o prazo de exposición ao público, adxudicou á empresa Barcovi, S.L. a confección do Plan xeral de ordenación municipal de Mos. A decisión tomouse previa proposta da mesa de contratación, onde estiveron representados todos os grupos políticos que conforman a corporación municipal.

Tras a sinatura do correspondente contrato, que tivo lugar o 7 de abril, a alcaldesa convocou a unha reunión cos portavoces dos partidos políticos e o equipo redactor do PXOM, para iniciar a tramitación do expediente. O obxectivo é que, entre todos os factores implicados, se marquen as directrices que debe seguir o equipo que proxectará o Mos que os seus habitantes necesitan para os próximos anos

María Jesús Escudero pretende que as diferentes etapas da redacción do PXOM sexan consensuadas por todas as formacións políticas do Concello e constitúan un asunto de todos os mosenses, sen exclusións de ningún tipo. A alcaldesa manifestou, ademais, o seu desexo de que o Plan xeral estea definitivamente aprobado no transcurso da actual lexislatura.

”O PXOM significará un pulo moi importante para o desenvolvemento do municipio”, asegura a alcaldesa, explicando que con el se pretende alcanzar unha adecuada ordenación do territorio, solucionando problemas tan importantes como o da estructuración de núcleos urbanos accesibles e atractivos para os mozos de Mos.

 

Advertisements

0 Responses to “A alcaldesa asina con Barcovi o contrato para a execución do PXOM”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: