O pacto de goberno de Mos retrasarase ata fin de mes

:: As conversas aplazaranse ata a volta de Arxentina pero Escuredo asegura que “non hai dúbida que haberá pacto” ::

As conversas entre BNG e PSOE para acadar un pacto de goberno continúan e “van por bo camiño”, segundo a alcaldesa da localidade, a socialista María Jesús Escudero. Sen embargo parece que o pacto non se formalizará ata fin de mes, xa que a próxima reunión entre socialistas e nacionalistas non está prevista ata que os concelleiros volvan da súa viaxe a Buenos Aires para asistir aos actos de celebración do 90 aniversario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, que será o 16 de abril.

Estas conversas “van ben pero o pacto non está pechado”, asegura o voceiro nacinalista Xosé Manuel Martínez Ojea, quen estima que “ata final de mes non haberá nada”. O grupo municipal do BNG quere pechar este pacto coa elaboración definitiva ddo rozamento. “Falta aínda o acordo do reparto orzamentario, o persoal adscrito a cada área e definir as dedicacións exclusivas”.

María Jesús Escudero agarda levar este acordo ao pleno de fin de mes, no que agarda aprobar xa a reorganización do goberno.

Advertisements

0 Responses to “O pacto de goberno de Mos retrasarase ata fin de mes”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: