ASOMAMOS oferta novas actividades para o mes de abril

ASOMAMOS (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos) vai realizar este mes de abril novas actividades, dirixidas especialmente ós seus socios/as, nas que se poderán anotar tódalas persoas interesadas.

Así o día 11 de abril realizarase unha excursión ó municipio de Cambados na que se visitarán os lugares máis coñecidos do municipio como a Praza e o Pazo de Ferfiñanes ou o Parador Nacional do Albariño.

Tamén hai previsto realizar unha excursión para coñecer o patrimonio da provincia como o Museo de Pontevedra, o Pazo de Lourizán ou o Castelo de Soutomaior.

O prezo por excursión é de 10 euros, incluídos o transporte e o xantar.

O 16 de abril comezarase a impartir un curso de Canto popular, totalmente gratuíto, que se desenvolverá os mércores e venres, en Sanguiñeda, ata o mes de xuño.
É importante que as persoas interesadas nalgunha destas actividades se inscriban canto antes.
Para obter máis información sobre este tema ou calquera outro que sexa do seu interese, poden dirixirse á traballadora social da Asociación nos teléfonos 986 33 49 03 e 679 03 72 99 ou ben no despacho situado na Rúa, 14 – 2º (onde antes era o concello) en Mos. 

Advertisements

0 Responses to “ASOMAMOS oferta novas actividades para o mes de abril”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: