O PSOE porriñés negociará, por responsabilidade, os orzamentos e o soldo dos concelleiros.

ivansede.jpg 

 :: O voceiro socialista, Iván Vaqueiro, teme a perda de subvencións de outras administracións pola falla de orzamentos ::

Iván Vaqueiro, voceiro municipal do Partido Socialista no Porriño afirmou hoxe que o seu partido fará un “exercicio de responsabilidade co Porriño poñendo todos os medios para que os orzamentos e os soldos dos concelleiros e concelleiras do goberno saían adiante a pesar de non estar no goberno”. O voceiro socialista tomou esta decisión preocupado pola posible perda de subvencións de outras administracións que a falla de orzamentos pode estar xerar no Concello.

 “Preocúpanos a parálise na que está inmersa a administración municipal” , asegura Vaqueiro, quen define ao goberno local como “feble e paralizado” apuntando que nun ano de lexislatura “nin sequera presentaron un borrador de orzamentos”. Neste senso, Vaqueiro asegura que quere “un goberno que goberne, e para elo fai falla un maior impulso e sobre todo un goberno con máis estabilidade”, sinalando que “ata o de agora o BNG non foi quen de acadar apoios para sacar adiante as solucións aos problemas que O Porriño precisa”.

 Dende o comezo da lexislatura, e a pesar de que o BNG paralizou as negociacións para que os socialistas entraran no goberno, “actuamos por riba dos meros intereses electorais, apoiando ao goberno naqueles temas que foron de interese municipal, e agora, a situación de debilidade do goberno, nos leva a dar un paso máis alá na responsabilidade ante os veciños e veciñas do Porriño, para o que brindamos novamente a Francés a disposición do PSOE a negociar os orzamentos a pesar de non estar no goberno”, di Vaqueiro. De feito, xa anunciou a intención de chamar a Francés a vindeira semana para abordar o tema das contas municipais e tamén outras cuestións que segundo os socialistas preocupan ao concello do Porriño.

 Con esta reunión o voceiro socialista agarda sacar adiante unhas contas consensuadas que avancen na construcción do municipio. “A situación do último pleno no que se trataron tan só tres temas non pode repetirse. Para elo o PSOE estará ao carón do goberno municipal”.

 

Advertisements

0 Responses to “O PSOE porriñés negociará, por responsabilidade, os orzamentos e o soldo dos concelleiros.”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: