O BNG apoiará a restricción ao tráfico pesado en Guizán

O grupo local do Bloque Nacionalista Galego de Mos promoverá desde o Concello a restricción do tráfico pesado no vial de Guizán, nun proxecto de humanización progresiva de todo o concello.

O BNG de Mos “xa promoveu a restricción do tráfico pesado noutras zonas de Mos, aínda que desde o concello non se estea facendo un seguemento continuado destas restriccións, co fin de garantir a calidade de vida de veciños e veciñas”, asegura o seu voceiro José Manuel Ojea.

Neste caso, o BNG dirixiuse ós veciños de Guizán para plantexarlles o seu posicionamento neste asunto, e dicíndolles ademáis que foi o BNG quen comenzou coa humanización progresiva de moitos viais do concello, loitando incluso algunhas veces contra a incomprensión dos demáis grupos políticos.

Ademáis o BNG, por medio do seu voceiro e do concelleiro Xosé Carlos Cabaleiro, xa mantivera unha reunión en Pontevedra co presidente da Deputación Rafael Louzán, en torno a un borrador dun posible vial alternativo para liberar o tráfico pesado polas inmediacións da pista de Peinador.
Posteriormente, en torno á cita electoral das municipais, Louzán mantivera unha reunión con colectivos de Guizán, pero esos proxectos da Deputación quedaron en nada.
Agora, o BNG está dicidido a retomar o tema, e facer que os grandes sofridores do tráfico pesado que son os veciños e veciñas de Guizán poidan ter unha restricción non só do tráfico pesado senón tamén dos camións e vehículos de grande volume sin limitación de peso, dando así por insuficente a sinalización colocada actualmente.

Advertisements

0 Responses to “O BNG apoiará a restricción ao tráfico pesado en Guizán”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: