Inaugurouse a exposición sobre banda deseñada As Bases da Banda no Porriño

expobanda.jpg 

:: A mostra permanecerá exposta no Centro Cultural Municipal até o vindeiro día 15 de Abril, dentro das actividades programadas para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil ::

A exposición As Bases da Banda, creada pola Asociación Cultural BD Banda, en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza, ten como obxectivo achegar a historia do comic á cidadanía, destacando o papel dos autores galegos, que están vivindo un momento de eclosión creativa.

Esta mostra contén 10 paneis de grandes dimensións realizados en impresión dixital, onde se desenvolven varios temas en relación con este tipo de creación. Nos distintos paneis explícase desde o que é unha banda deseñada, pasando pola súa historia, a linguaxe empregada, a realización de guións e estilos de debuxo, xunto con unha serie de recomendacións aos lectores /as e escritores/as por parte do colectivo BD Banda.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, amosou a súa satisfacción na apertura da mostra, “mantemos a nosa aposta pola banda deseñada, esta exposición serve de complemento á nosa Comicteca, un servizo que conta con máis de 1.000 volumes, e onde se pode atopar todo o comic publicado en lingua galega, ademáis de obras do resto do estado, europeas, norteamericanas, xaponesas…”, afirmou o Alcalde.

Raúl Francés quixo destacar o bo momento que está a vivir a banda deseñada na Galiza, afirmando que “Galiza está á cabeza do Estado no que respecta a calidade e cantidade de autores e autoras de comics, desde o goberno que presido queremos parabenizar a BD Banda máis á Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza por axudar a normalizar a banda deseñada no noso país e no noso idioma”

Advertisements

0 Responses to “Inaugurouse a exposición sobre banda deseñada As Bases da Banda no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: