Nenos de Mos, O Porriño e Vigo viven o teatro no Multiusos das Pozas

lourina_-buscando-o-sol-no-multiusos-de-mos.jpg
:: Alumnos de once colexios diferentes asisten á representación da obra de teatro “Buscando o sol”, baseada nun conto tradicional chinés ::

O Multiusos As Pozas, de Mos, recibirá hoxe e mañá a máis de mil nenos que, en cinco sesións diferentes, gozarán da obra “Buscando o sol”, inspirada nun conto tradicional chinés. A ONG Veterinarios sen Fronteiras e o Concello de Mos promoven esta actividade na que actúan os grupos teatrais Rocamora e Binixiflat, ambos de Cataluña.

O conto “Buscando o sol” constitúe toda unha metáfora acerca da necesidade do sol para a vida. Na versión que se representa no Multiusos un suposto emisario do progreso intenta convencer ao mundo da conveniencia de aceptar a manipulación da natureza. Tras a proposta escóndese o obxectivo de que os grandes intereses económicos poidan controlar aínda máis o mercado dos alimentos e incrementar as súas ganancias á conta dos países pobres.

Ás tres representacións celebradas hoxe asistiron varios centos de alumnos de sete centros escolares diferentes: A Ribeira, Santo Tomás e Atios, de Porriño; Chans, de Bembrive, en Vigo; e os colexios Atín-Cela, Pena de Francia e Os Salgueiros, de Mos.

Mañá, a partir das 9:45 horas, gozarán da  obra alumnos dos colexios Jesús Fernández López, de Porriño; e Lareira, Petelos e Mestre Martínez Alonso de Mos. En total, espérase que nestes dous días máis de 1 100 escolares presencien as representacións de “Buscando o sol”.

“Ao final de cada representación pretendemos entregarlle aos profesores asistentes un folleto con información adicional sobre o contido da obra para que, se así o desexan, poidan continuar tratando o tema nas súas aulas” – informou Delfina Lorenzo, Concelleira de Cultura de Mos.

Advertisements

0 Responses to “Nenos de Mos, O Porriño e Vigo viven o teatro no Multiusos das Pozas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: