O pacto de goberno de Mos é case unha realidade

mos_pleno-investidura.jpg 

:: As áreas están repartidas, e tamén as dedicacións exclusivas, pero ata que o acordo esta pechado non se levarán a pleno ::

Aínda que non hai un pacto pechado, a pesar do que se adianta nalgún medio de comunicación, si é certo que as negociacións entre BNG e PSOE no concello de Mos nunca estiveron en tan bo porto. “Parece que vai ser unha realidade”, asegura María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos, que ata o de agora goberna en minoría.

Tanto a alcaldesa como o voceiro nacionalista, Xosé Manuel Martínez Ojea, aseguraban xa durante a campaña que o pacto tería lugar logo das eleccións, e parece que así está a ser. Tras unha primeira chamada da alcaldesa, ambos grupos se reuniron este luns para negociar, e polo momento xa hai un acordo claro: a distribución das áreas de goberno, o principal escollo nas anteriores negociacións. Así, PSOE quedarase con ‘Economía, Facenda e Patrimonio’, antes dos nacionalistas, e manterá as áreas de ‘Urbanismo’, ‘Deportes’, ‘Servizos’ e ‘Servizos Sociais’, aínda que sen a área de Xuventude, que pasa a ser do BNG. De feito a área de Servizos Sociais foi unha das máis discutidas nas sucesivas negociacións. O BNG quédase tamén con ‘Vías e Obras, parques, xardíns e limpeza de camiños’, ‘Cultura’ coa xestión da biblioteca, o ciber, o multiusos e a radio e ‘Medio Ambiente’, ademais de dúas dedicacións exclusivas.

“Agora toca sentarse no concello e seguir avanzando neste acordo”, asegura Escudero, para quen o pacto é un “compromiso cos veciños” a quenes quere lembrar que “o PSOE ven de pasar momentos moi difíciles sen dedicacións exclusivas pero facendo todo o posible por atender todas as peticións dos veciños e traballando duro por Mos”. Agora agarda que  “o goberno volva á normalidade, se aproben as dedicacións e se convoquen comisións de goberno cada semana”.

Polo momento as dedicacións non irán ao pleno deste mes, primeiro hai que facer o novo reparto de goberno, quetamén haberá que levar a pleno, pero será cando o pacto estea totalmente pechado. A este respecto Ojea apunta que “falta moito pero hai moi boa vontade”.

Advertisements

0 Responses to “O pacto de goberno de Mos é case unha realidade”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: