Instalouse no Porriño a exposición itinerante ‘Premios Grandearea’

exporua.jpg 

 O Concello do Porriño, a través da súa concellaría de Cultura, informa da chegada ao Porriño da mostra, que permanecerá exposta nas rúas peonís do municipio entre o 24 e o 31 de Marzo

Os Premios Grandearea de Aportación á Arquitectura, convocados anualmente pola Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, supoñen un recoñecemento a Promotores e Arquitectos polo súa laboura conxunta para obter unha expresión arquitectónica do feito cultural actual.

A exposición abrangue obras visadas na Delegación de Vigo ao longo do ano 2006, principalmente correspondentes a proxectos realizados no sul da provincia de Pontevedra. Nalgúns casos trátase de obras xa executadas, mentres que noutros son os proxectos os que se premian.

Os premios son una iniciativa da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos, xurdida hai seis anos. Cada trimestre fállanse os premios por estación (Inverno, Primavera, Verán e Outono), que se expoñen e publican na páxina web http://www.coag.es/vigo/grandearea.

O proxecto para a exposición no Porriño inclúe os módulos de montaxe básicos da exposición orixinal na Casa das Artes de Vigo (paneis e maquetas).

Desde o ano 2006 os Premios Grandearea De Aportación á Arquitectura están patrocinados conxuntamente pola Fundación CaixaGalicia e a Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Neste caso, a exposición conta tamén coa colaboración do Concello do Porriño.

Nesta edición resultaron premiadas 17 obras de 14 estudios de arquitectura nos apartados de proxectos básicos, proxectos de execución e final de obra de vivendas unifamiliares de nova planta, rehabilitacións, edificios de vivenda e obra oficial.

A dirección do proxecto expositivo corre a cargo do estudo de Arquitectura de Alberto Quintáns Arrondo, Enma Ríos Maneiro e Cristina Ansede Viz.

Advertisements

0 Responses to “Instalouse no Porriño a exposición itinerante ‘Premios Grandearea’”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: