Éxito do programa de compostaxe caseira

mos_compostaxe.jpg

No salón de actos do Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Mos, representantes da Asociación Ecoloxista ADEGA e do Concello reuníronse cos participantes no IV Programa de Compostaxe Caseira, co fin de entregarlles os colectores para a fabricación do humus. Así mesmo, levouse a cabo unha pequena presentación audiovisual para comentarlle aos  solicitantes algúns detalles con respecto á compostaxe e ás características desta nova edición do programa que se vai levar en Mos neste ano.

En total, o Concello adquiriu de ADEGA cincuenta composteiros para esta edición do programa, habiendo veciños en lista de espera. Debe terse en conta que hai moitas solicitudes de persoas que non están empadroadas no concello e que polo tanto están nunha lista de espera; no caso de que sobre algún composteiro entregaríaselle a eles, pois as bases deste programa dan prioridade  as persoas empadroadas en Mos. O programa consistirá nunha primeira visita, que se realizou o pasado venres, e dúas visitas máis que se farán   ao longo das próximas semanas nas casas dos veciños previo acordo co persoal cualificado de ADEGA, para o seguimento do bo funcionamento do programa. Nestas visitas, ademáis,  entregarásalle un pequeno manual de uso.

 

“A continuidade do desenvolvemento deste programa ven motivada, principalmente, polo elevado interese que amosa a poboación  do Concello. Así na primeira edición entregáronse 45 composteiros entres todas as parroquias e nesta ocasión entregáronse 73, quedando varios veciños en lista de espera” –sinala Gerardo Alonso Porto, Concelleiro de Medio Ambiente. 

Dado o carácter semirural do Concello de Mos, no que a maoría das vivendas conta, polo menos, cun pequeño xardín, danse as condicións idóneas para o tratamento in situ destes residuos orgánicos que, desta maneira, regresan á horta e ao xardín xa convertidos en fértil humus.

Advertisements

1 Response to “Éxito do programa de compostaxe caseira”


  1. 1 diogo 24 Marzo 2008 ás 07:49

    Encheme de ledicia ver que o PsoE continua a facer o mesmo que facía o BNG cando gobernaba. O que non entendo é porque os criticaban tanto e ían dicindo que se gobernaban sos cambiarían todo. O tempo pon a cada quen no seu sitio.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: