O pavillón Oscar Pereiro acolle este domingo o IV Trofeo Concello de Mos de Baile Deportivo

mos_-baile.jpg 

:: A Escola de Baile Pasos e o Concello de Mos organizan a competición, que se celebrará a partir das dúas da tarde ::

     O IV Trofeo Concello de Mos puntúa para o escalafón nacional da Asociación Española de Baile Deportivo, por cuxo regulamento de competicións réxese. Ata o momento hai inscritas máis de cen parellas procedentes de Galicia, outras comunidades autónomas e Portugal. Entre os participantes estará a mosense Patricia Martínez, campioa de España -xunto con Adrián Esperón- na modalidade Standard e participante no Campionato Mundial celebrado en Italia en setembro de 2007.

     Competirase en diversas categorías de idades, desde menores de doce anos ata maiores de 45.   Dentro de cada categoría os concursantes presentaranse nos diferentes tipos de bailes considerados dentro das modalidades Standard (vals, tango, slow fox) e Latino (samba, cha-cha-cha, rumba e pasodobre). Ritmos para todos os gustos e temperamentos.

     No transcurso da actividade celebrarase un emotivo Desfile e Baile en honra de Gabriel Carreira, destacado bailarín mosense recentemente falecido.

     Os interesados en obter máis información acerca deste interesante certame poden facelo chamando ao teléfono 986 230146 ou consultando a web www.bailegalicia.net

Advertisements

0 Responses to “O pavillón Oscar Pereiro acolle este domingo o IV Trofeo Concello de Mos de Baile Deportivo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: