Avanzan os traballos de construcción de redes de sumidoiros en Mos

mos_-abastecemento-e-rede-de-sumidoiros-en-barreiro-gandara.jpg 

Segundo informan dende o concello de Mos, a medidos de maio estará listo o trazado da rede de sumidoiros e abastecemetno en Barreiro-Gándara está . Trátase dun investimento subvencionado a costa do orzamento municipal, cun importe de 128 600 euros.
 
Segundo informan os seus responsables, a obra está -aproximadamente- a un 15 por cento de execución, cuns 300 metros de tubaxes de PVC e polietileno colocados.
Os traballos que se realizan en Barreiro-Gándara inclúen a escavación de gabias e pozos, colocación de tubaxes e a correspondente pavimentación.
 
Estase aproveitando nesta obra a construción da gabia da rede de sumidoiros para colocar tamén os tubos de subministración de auga que, no seu momento, poderá conectarse á rede en Torroso.
 
Rede de colectores de saneamento en Regadas

Máis avanzada está a rede de sumidoiros de Regadas, subvencionado polo Plan de Acción Municipal da Deputación e conta cun orzamento de 77 724 euros

Nestes momentos están colocados uns 700 metros de tubaxes, dos 823 planificados inicialmente. A tubaxe de saneamento que se están instalando, de PVE con xunta elástica, vai aloxada nunha gabia de pouco máis dun metro de profundidade onde tamén se están habilitando os correspondentes pozos de rexistro.

Os responsables da empresa construtora consideran que, en dependencia da dureza do terreo, onde abundan as rocas, a obra pode estar terminada nuns vinte días.

O Concello de Mos agradece a cooperación dos veciños das zonas onde se acometen estas e outras obras de redes de sumidoiros que, inevitablemente, ocasionan molestias que con toda seguridade serán resarcidas cando as mesmas entren en funcionamento.

Advertisements

0 Responses to “Avanzan os traballos de construcción de redes de sumidoiros en Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: