Aprobouse no Pleno Municipal o proxecto de encauzamento do Río Couso

corporacion-municipal-o-porrino-hernandez.jpg 

O Concello do Porriño informa da aprobación, en pleno municipal, do proxecto de encauzamento do río Couso, tamén coñecido como río Cans ou Fonteliño.

Neste proxecto, preténdese levar a cabo o encauzamento do Río Couso ao seu paso polo núcleo urbano do Porriño, un tramo de dous quilómetros, coa intención de que sirva como unha ferramenta máis de planificación, e para dar cumprimento aos requerimentos da Confederación Hidrográfica do Norte e ao Plan Hidroloxico Norte 1. Neste plan estabelecese a necesidade de dispoñer dun Plan de Encauzamento para permitir a edificación en zonas de policía inundábeis en zona urbana e urbanizábel, recollidas no Plan Xeral de Ordenación Urbana do Municipio do Porriño.

O proxecto propón unha tipoloxía de encauzamento beseada na minimización da afección  ambiental do leito do río, en sintonía coa filosofía e os criterios do desenrolo sostíbel, e tratando de conxugar a protección fronte a posíbeis inundacións coa integración ambiental.

Ao seu paso por zona urbanízabel, o encauzamento realizarase mediante motas ou terraplens, mantendo o leito orixinal do río e mimimizando o impacto ambiental. Esta actuación permitirá a creación dun camiño peonil parelelo ao leito do río.

Advertisements

0 Responses to “Aprobouse no Pleno Municipal o proxecto de encauzamento do Río Couso”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: