Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e Senado visitan o Concello de Mos

todos.jpg

María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos, recibiu na Casa do concello aos candidatos do PSOE pola provincia de Pontevedra ao Congreso, Antón Louro, e ao senado, Iván Vaqueiro. Os socialistas interesáronse polas necesidades do municipio coa intención de telas en conta no seu programa electoral.

Críticas de PP e BNG

Arévalo acusa a Escudeiro de cometer unha “grave falta de respecto cara aos veciños de Mos, xa que na propia Casa Consistorial non pódense facer actos propagandístico deste tipo”.
A voceira do Partido Popular, Nidia Arévalo, esixe a María Jesús Escudero que “pida perdón publicamente aos mosenses por ter comisión un acto de campaña do Partido Socialista no momento e no lugar equivocados, xa que a campaña electoral non comenzaba ata hoxe”. Arévalo describiu este coma “un acto de provocación e ignorancia” e aseguroulle a Escudero que “lle pediremos explicacións na comisión pertinente”. “Criticamos e censuramos”, continuaba Arévalo, “aos representantes políticos do Concello de Mos, que están contribuíndo de forma moi importante á destrución da democracia”.

Por outra banda o BNG criticou horas despois este encontro asegurando que “é vender fume” na propia casa consistorial.

Advertisements

4 Responses to “Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e Senado visitan o Concello de Mos”


  1. 1 diogo 27 Febreiro 2008 ás 07:42

    O concello é de todos e todas e non dos socialistos

  2. 2 Sabela 29 Febreiro 2008 ás 07:46

    Este tipo de actos nos leva a tempos pasados que pensabamos que non se ían repetir: Usar o salón de plenos do concello para un acto de campaña, confundir á cidadanía… E o máis patético é que sexa para presentar a unha persoa que ninguén sabe onde estivo nestes catro anos que foi deputado en Madrid. A única actuación que lle coñecemos en Mos, e a defensa total dunha nova autovía que esnaquice máis o noso concello…

  3. 3 Jasús 29 Febreiro 2008 ás 16:37

    O Concello é de Maria Jesús, para pedir cousas para Mos

    O Concello foi de Nidia, cando calou estrepitosamente cando gobernaba e se fixo a autopista.

    O Concello foi de Ou Yeah! cando intentaba pactar o PXOM con NIdia a espaldas dos veciños de Mos

    E foi incluso de Angel Sío cando tiña unha fabrica ilegal de churros… ay perdón, de licencias ilejais!!

  4. 4 diogo 3 Marzo 2008 ás 12:28

    Jasús, o concello non é nin de Ojea nin de Nidia nin de Maria Jesús. É dos veciños e veciñas de Mos. Agora, se queres xustificar esta última pantomima feita polo psoe botándolle merda de baixa calidade aos demáis ala ti. Os argumentos de cada quen nos din quen é cada quen.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: