Está en funcionamento a segunda das tres áreas infantís proxectadas en Mos

mos_area-infantil-en-pereiras.jpg

 

En Casal, parroquia de Pereiras, acaba de inaugurarse un área infantil para nenos de ata cinco anos. Consta dun multixogo, randeeira con asento e dúas unidades individuais de xogos de peiraos. Chama a atención o chan -especialmente preparado para evitar lesións producidas por caídas- onde se conxugan armónicamente as cores vermello, amarelo, verde e azul. A superficie total da área de xogos é de 75 metros cadrados e conta, ademais, cunha cerca perimetral de madeira que garante a seguridade dos pequenos.

Esta é a segunda terminada das tres actuacións proxectadas xunto coa Deputación de Pontevedra co fin de dotar ao municipio de máis espazos para o esparexemento da poboación menor de idade. A área de práctica deportiva de Louredo xa está en funcionamento e nestes momentos trabállase na área infantil da Urbanización San Antoiño, con instalacións para uso de nenos de tres a 14 anos. O custo total das tres obras é duns 89 mil euros, dos cales o Concello de Mos asume o dez por cento e os gastos posteriores de mantemento.

Advertisements

1 Response to “Está en funcionamento a segunda das tres áreas infantís proxectadas en Mos”


  1. 1 diogo 18 Febreiro 2008 ás 10:57

    Este parque coma todos os que estes anos se puxeron en Mos, foi grazas a decisión do concelleiro do BNG Xosé Carlos Cabaleiro Romero. Pero coma sempre virán a Nidia e a Escudero a dicer que é cousa delas. Cando aprenderán os do bloque a vender o peixe…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: