Educación investirá 3,2 millóns de euros na reposición do CEIP Martínez Alonso de Mos

mos_sanchen-pinon.jpg 

:: A conselleira de Educación foi recibida pola corporación municipal do Concello de Mos ::

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, foi recibida no Concello de Mos pola corporación municipal, onde anunciou que a Administración educativa vai acometer unha obra de reposición do Colexio de Educación Infantil e Primaria Martínez Alonso de Mos. Así, a máxima responsable do departamento educativo galego anunciou que nestes momentos estase supervisando o proxecto, e que proximamente sairá a concurso a licitación das obras, cun investimento previsto de 3,2 millóns de euros.

Laura Sánchez Piñón subliñou que esta actuación “responde ás necesidades de crecemento da poboación do Concello de Mos”, e que as obras estarán rematadas para o curso 2009-2010.

A máxima responsable do departamento educativo galego fixo referencia ademais ás obras de mellora realizadas no CEIP Pena de Francia, que visitou este mediodía, e nas que a Administración educativa investiu 628.452 euros. A este respecto, Sánchez Piñón expresou o seu agradecemento ao Concello pola súa implicación e colaboración para que todas as aulas do centro poidan ter conexión a Internet.

Así mesmo, Sánchez Piñón explicou que a superficie útil reformada é de 616 metros cadrados, mentres que a ampliada é de 321 metros cadrados. A obra consistiu na execución dun volume anexo conectado co edificio, que alberga o ximnasio e a zona de vestiarios. En canto á reforma interior, esta consistiu na incorporación dun ascensor, o cambio de superficie e reformas na sala de usos múltiples, na creación dun vestíbulo, e no cambio de situación dos vestiarios, espazo que agora ocupan os aseos. Tamén se eliminaron os muros de carga do comedor, que se substituíron por unha estrutura de piares e vigas de formigón.

Laura Sánchez Piñón indicou que o comedor deste centro, xestionado pola ANPA, conta con 28 comensais, e salientou que a Administración educativa concedeu unha axuda de máis de 2.500 euros para o funcionamento deste servizo neste curso académico.

Neste CEIP cursan estudos un total de 261 alumnos e alumnas. Ademais, o centro desenvolve o programa de anticipación da primeira lingua estranxeira e tamén participa no Plan de Mellora de Bibliotecas.

En canto ao equipamento informático, tralo envío previsto de 5 ordenadores de sobremesa, 2 portátiles e 5 monitores, o centro disporá de 36 equipos, ademais de outro material informático e multimedia, como impresoras, unha pizarra interactiva, escáneres e videoproxectores.

Advertisements

0 Responses to “Educación investirá 3,2 millóns de euros na reposición do CEIP Martínez Alonso de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: