O BNG asegura que non pode apoiar uns orzamentos en minioría

mos_-ojea.jpg

O grupo local do Bloque Nacionalista Galego de Mos lamenta, en nota de prensa, “as críticas malintencionadas por parte da alcaldía no que respecta á votación do orzamento”. Din os nacionalistias que á alcaldía non lle pode parecer mal que o BNG vote en contra dun orzamento que fixo o PSOE en solitario. “Seguramente, o PSOE votaría en contra si o BNG presentara o seu propio presuposto”, asegura o seu voceiro, Xosé Manuel Ojea.

O BNG non entende que non se fale co grupoque  lle deu a alcaldía para facer un orzamento entre dous grupos, e se limite a convocar unha comisión informativa, xunto co Partido Popular, para ver si se poden modificar algunhas partidas.

“Nin siquera o BNG pode apoiar este orzamento porque, aínda cando existen moitas partidas orzamentarias que se poden contemplar, e valorar, existen outras moitas que o BNG pedía e foron rexeitadas totalmente, tales como a estrada de Pereiras, que da servicio a catro parroquias, ou melloras no entorno de Piñeiro en Sanguiñeda, ou melloras en parques en moitas parroquias, ou melloras na carretera da Vía,etc.  Si se deixan fora as obras que os veciños e veciñas lles piden ó BNG, non pode entenderse que o BNG vote a favor”.

Advertisements

3 Responses to “O BNG asegura que non pode apoiar uns orzamentos en minioría”


  1. 1 Anxo 11 Febreiro 2008 ás 17:13

    Vergoña deberialle dar a este home o que esta facendo con Mos.

    Eu xa non sei a quen creer pero uns por outros o concello abandonado, xa se ve o que lles importa Mos, tanto o Sr Ojea como a Escudero, pero o estan facendo moi mal e o digo eu que non son votante precisamente de Arévalo.

    Como non se entendan os vexo moi mal…..

    O que deberian facer e as reunión publicas e asi xa sabemos quen minte!

    Estou sen palabras a verdade pero nunca Mos estivo tan mal como agora, pero o BNG debe facer algo, ou porse dacordo ainda que saia perdendo nas concellerias (ten menos concelleiros que no 2003) ou unha mocion de censura a Maria Xesus pero asi non podemos seguir!

  2. 2 diogo 12 Febreiro 2008 ás 07:51

    Eu non entendo que pretendia a alcaldesa. Que lle votaran a favor do presuposto pola cara. Se está en minoria o normal é que chame a cada grupo político por separado e escoite as suas demandas ou propostas e intentalas incorporar ao presuposto.
    Polo menos iso foi o que fixo Solbes (Ministro de Economía)
    Respecto ao comentaria de Anxo: Penso que non debemos crer a ningún dos dous xa que cada partido contará o que lle interese. Pero hai unha cousa certa. Se a alcaldesa non é capaz de artellar con éxito o seu primeiro deber que é formar un goberno estable e fiable, o mellor que pode facer é marcharse.

  3. 3 Sabela 15 Febreiro 2008 ás 08:59

    Hai algo no que toda a veciñanza está de acordo: Mos non pode seguir así, porque o concello non está funcionando, os veciños non teñen quen os atenda, as queixas que se fan no concello sobre aqueles temas que nos afectan no día a día non se atenden (e dígoo porque o sufro).
    Supoño que terán que poñer os dous grupos (BNG e PSOE) da súa parte para chegar a algún acordo. Aínda así non me gustaría estar na pel dalgún por ter que chegar a cogobernar con persoas como Escudero, que demostrou o seu “talante” e saber estar tantas veces…En fin, que a ver se se arranxan as cousas e temos un goberno de verdade que atenda ao concello


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: