Salceda de Caselas despide o entroido esta fin de semana

entroido.jpg

 O Concello de Salceda de Caselas despide esta fin de semana o entroido coa celebración dos actos aprazados o pasado domingo por causa do mal tempo. Así, mañá venres celebrarase a verbena na Praza do Concello a partires das 21:30 coas orquestras Boomerang e Embajadores. O domingo chegará por fin o esperado concurso de carrozas e comparsas, previsto inicialmente para o pasado domingo. Este concurso vai xa pola X Edición, e contará coa participación de 9 agrupacións a concurso, que se repartirán un total de 3000 € en premios. Destas 9 comparsas seis son de Salceda de Caselas e as outras tres de Tomiño. Ao remate do concurso celebrarase o primeiro concurso de coplas de entroido, para o que aínda se poden anotar os interesados en grupos de 3 a 6 persoas na OMIX.

Advertisements

0 Responses to “Salceda de Caselas despide o entroido esta fin de semana”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: