Máis de vinte mil usuarios utilizaron o ciber e a biblioteca de Mos no ano 2007

ciber.jpg
    

 O Cíber e a Biblioteca de Mos, xestionado pola Concellaría de Educación do Concello, convertéronse nun importante punto de encontro entre xentes de diferentes idades e inquietudes persoais.


     O Cíber conta con 16 computadores -dous deles habilitados para minusválidos- e  ao redor de mil usuarios rexistrados que no ano recentemente concluído utilizaron a instalación en pouco máis de trece mil ocasións. Moitos deles válense destes equipos para redactar documentos, acceder a diferentes programas operativos, imprimir ficheiros, utilizar o correo electrónico e conectarse a Internet.

A Biblioteca ten 800 socios rexistrados. Ademais do préstamo e a consulta en sala  de libros, DVD´s, revistas e outros materiais na Biblioteca realízanse variadas actividades de extensión: conta contos, concursos como o recente de Postais de Nadal, talleres de animación á lectura e outras accións culturais que se promocionan entre os socios e a poboación en xeral . O servizo de préstamo a domicilio é moi utilizado; poden solicitarse un máximo de tres obras por un período de 15 días renovables. Tamén conta cunha sala infantil adaptada ás necesidades e intereses dos máis pequenos.
 

Ambas as instalacións prestan os seus servizos de forma gratuíta e permanecen abertas de forma ininterrompida entre as dez da mañá e as nove da noite, de luns a venres. Quen desexen beneficiarse dos servizos que prestan a Biblioteca e o Cíber de Mos, deben solicitar o carné de usuario presentando xunto co DNI dúas fotos de tamaño carné e cubrindo o impreso correspondente.

Advertisements

0 Responses to “Máis de vinte mil usuarios utilizaron o ciber e a biblioteca de Mos no ano 2007”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: