O Porriño elimina as barreiras arquitectónicas

o-porrino_-rampla.jpg

:: As obras iniciadas inclúen a construcción das rampas de acceso para pasos de peóns, e a propia sinalización vertical e horizontal dos pasos, nas rúas Cruceiro, Pinar e Paz Varela :: 

O Concello do Porriño , a través da súa concellaría de Vías e Obras, está a executar dunha serie de actuacións destinadas a eliminar barreiras arquitectónicas no municipio. Estas actuacións, financiadadas pola Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a través da súa Secretaría Xeral de Benestar Social, contan con un orzamento de 36.590,47 €.

O concelleiro de Vías e Obras, o nacionalista Pedro Pereira, afirmou que “seguindo coa liña
marcada por este goberno, avanzamos na eliminación de barreiras arquitectónicas e na adaptación de beirarrúas e accesos de peóns”.

As obras iniciadas inclúen a construcción das rampas de acceso para pasos de peóns, e a propia sinalización vertical e horizontal dos pasos, nas rúas Cruceiro, Pinar e Paz Varela. Entre estas actuacións, tamén se eliminará a rampa metálica que comunica a rúa Paz Varela co Pavillón Municipal, construindose un novo acceso ao mesmo nível da rúa.

Dentro destas reformas, levouse a cabo a construcción da rampa provisional que comunica a Fonte do Cristo coa Praza do Cristo. A provisionalidade desta rampa débese a que a  ampa definitiva irá a carón do edificio que se vai construir na Praza, unhas obras que non rematarán antes de dous anos e medio ou tres anos.

Na Escola Municipal de Música leváronse a cabo diferentes reformas, como a construcción dun baño adaptado ou a sustitución do anterior elevador, que non funcionaba, por un novo, adaptado, e que comunica as dúas plantas do edificio.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño elimina as barreiras arquitectónicas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: