Cuquín será o Rei do entroido do Porriño 2008

entroido-08.jpg

:: Existen dípticos informativos coa programación completa a disposición da veciñanza na Casa do Concello e na Biblioteca Municipal ::

Hoxe tivo lugar no concello do Porriño, a presentación en rolda de prensa da programación do Entroido 2008. O acto contou coa presenza do concelleiro de Festexos, Marcos Rodríguez Novás; da directora de Xerpo Cultural, encargada da programación, Irene Moreira; e do futuro rei do entroido do Porriño, Cuquín.

Na súa intervención, Marcos Rodríguez Novás amosou o seu desexo de que o tempo acompañe, e convidou a veciñas e veciños a desfrutar dunhas festas tan agardadas como son as do entroido. O concelleiro de Festexos do Concello do Porriño adiantou que de non acompañar o tempo o día do desfile das comparsas, en lugar de sair do Pavillón Municipal, sairase da Praza de San Sebastián. Rodríguez Novás destacou que “ofertamos unha serie de actividades variadas, onde a tradición do xogo da ola ou do enterro da sardiña, mistúranse coa innovación do cabaret, sempre desde unha aposta pola cultura galega”.

Pola súa banda, Irene Moreira desgranou na súa intervención as actividades programadas para estas festas de Entroido 2008. “Haberá música na rúa con diferentes charangas, e dous cabarets, un de pasarrúas a cargo de Teatro Femme Fatale e outro de escenario con Davide Salgado e Pepa Yañez”, afirmou Moreira.A directora de Xerpo destacou o acto no que se vai coroar a Kukín como rei do entroido. A coroación producirase após do pregón a cargo de Jandri Gómez, da Asociación Cultural Lumeirada. Xa no domingo, ás 18:30, celebrarase un desfile espontaneo no que Kukín nomeará ao principe a e princesa do entroido, quenes serán agasallados con sendos cheques regalo aportados pola asociación de comerciantes MOREA. Neste desfile espontaneo

“a figura de Cuquín sempre estivo ligada ao entroido no Porriño, e este ano queremos renderlle unha merecida homenaxe”, afirmou Irene.

Irene Moreira sinalou a importancia de que se teñan implicado na organización do entroido diferentes asociacións e estamentos, “na organización deste Entroido 2008 participaron as Escolas Municipais de Teatro e Música, así como o sector do comercio representado por MOREA”

Por último tomou a palabra Kukín, quen se mostrou moi agradecido pola homenaxe e disposto a traballar sempre polo entroido do Porriño. Cuquín destacou a beleza dos carteis e dípticos informativos do Entroido 2008 e sinalou, coa súa habitual sorna, “teño que falar con Raúl Francés para delimitar as nosas competencias, ao ser eu rei e el alcalde”

Advertisements

0 Responses to “Cuquín será o Rei do entroido do Porriño 2008”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: