Salceda e Cogami colaborarán na formación e integración de discapacitados

salceda_cogami.jpg 

O Concello de Salceda de Caselas e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) asinaron un convenio de colaboración. Ambas partes comprométense a manter entre si un fluído intercambio de información en todos aqueles aspectos que incidan na integración das persoas con discapacidade (educación, emprego, servicios sociais…). O ámbito de colaboración estará orientado preferentemente á formación e promoción de emprego a á integración social.

Anxo Queiroga, Presidente de COGAMI, sinala que o convenio busca que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades, paliando así a situación de exclusión social que sufren aínda hoxe as persoas con discapacidade. Co convenio búscase incorporar as persoas con discapacidade ao mercado laboral, en colaboración cos técnicos municipais.

Salceda de Caselas ten máis de 400 persoas con discapacidade, das cales 38 están xa na bolsa de emprego. O presidente de COGAMI amosou a súa satisfacción por que o Concello de Salceda de Caselas teña iniciativa nestas medidas de discriminación positiva, tentando así que as persoas con discapacidade sexan tan só persoas iguais, con dereitos e obrigas. Ao igual que todos, as persoas con discapacidade precisan formación emprego, vivenda… para o cal precisan independencia económica, algo que hoxe en día é unha utopía. Agradeceu o xesto do Concello, que os axuda a demostrar que eles tamén son capaces de levar a cabo proxectos. Unha vez detectadas as necesidades existentes en Salceda de Caselas, serán os encargados de facer diversas propostas.

Neste senso, Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, amosou a satisfacción porque os colectivos organizados leven a cabo acordos co Concello de Salceda. O convenio asinado cumple ademáis con dous puntos do acordo de goberno asinado para esta legislatura, como son o apoio á promoción do emprego e ao benestar social. O Concello axuda así a que as persoas con discapacidade teñan unha ferramenta máis próxima a eles. Afirmou ademáis que este convenio é unha primeira pedra para coñecer a realidade das persoas con discapacidade, e convivir con esa realidade.

_Algúns datos e compromisos do convenio:

– Promoción do emprego ordinario e iniciativas empresariais de carácter social.

 O Concello e COGAMI comprométense a elaborar conxuntamente programas de actuación que posibiliten e potencien o emprego en centros de traballo, así como naqueles outros que ponderan formarse no futuro, tanto en empresas ordinarias como Centros Especiais de Emprego, sexan estes de titularidade pública ou privada.
 A este efecto o Concello porá a disposición de Cogami un despacho para a atención da orientadora rural no Concello.
 

 – Programas de Educación e Formación en aplicación e desenvolvemento das diversas iniciativas promovidas polas Administracións Públicas (INEM, Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, Consellería de Educación, Ministerio de Educación e Ciencia…), que afectan ao colectivo das persoas con discapacidade, e entre outras:

a) Programas de alfabetización e Educación complementaria.

b) Programas de “Garantía Social”.

c) Programas de Formación e Ensino Profesional.

d) Programas de Recuperación Profesional.

e) Programas de Asesoramento e Orientación Educativa.

  – Programa de Información, Asesoramento e Orientación en aspectos xenéricos sobre plans de integración social do colectivo, e especificamente nas áreas de emprego, formación e asesoramento xurídico.

Advertisements

0 Responses to “Salceda e Cogami colaborarán na formación e integración de discapacitados”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: