Preto de 40 persoas participaron no roteiro polas ribeiras do Louro

roteiro.jpg

Ao roteiro circular, para o que era necesario realizar prescripción, acudiron 35 persoas. As e os asistentes estiveron acompañados ao longo de todo o camiño polos biólogos Cesar Aires e Julian Comesaña.

A concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “coa organización deste roteiro pretendimos combinar o lecer coa información medioambiental, fomentando a sensibilización necesaria para a conservación deste espazo natural incluido na Rede Natura. Desde a concellaría de Medio Ambiente queremos animar á veciñanza a realizar este roteiro pola súa conta, si ben non descartamos, dado o éxito colleitado, repetir a experiencia de organizar outro roteiro con monitores mediombientais”

Desde a concellaría quérese lembrar a existencia de dípticos coa información necesaria para realizar este roteiro, podéndose atopar tanto na Casa do Concello como no Biblioteca Municipal. O roteiro circular polas ribeiras do Louro, que parte da Lagoa de Budiño (dos miradoiros das Gándaras de Budiño) está debidamente sinalizado, existindo seis completos paneis interpretativos ao longo do seu percorrido.

Advertisements

0 Responses to “Preto de 40 persoas participaron no roteiro polas ribeiras do Louro”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: