O PSdeG-PSOE critica a Francés a recalificación de terreos da sociedade Rojo de Jove S.L.

ivansede131.jpg

  Iván Vaqueiro, Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Porriño anunciou hoxe a presentación dun voto particular do seu grupo á proposta do BNG de refrendar o convenio urbanístico asinado polo alcalde, Raúl Francés, coa sociedade promotora Rojo de Jove S.L.

Este convenio, que foi presentado na Comisión de Urbanismo o pasado xoves día 24, e que será levado como un punto do pleno que se vai celebrar o vindeiro xoves 31, supón  a recalificación de solo rústico en solo comercial, algo que para os socialistas representa un claro agravio ós veciños da zona, que venderon como solo rústico e agora teñen que ver como a unha promotora se lle recalifica este terreo como solo comercial, sen explicar o por qué nin qué se vai facer.

O convenio, ademáis, tan só contempla un aproveitamento do 10% para o Concello, o mínimo legal que marca a Lei de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUGA), algo que para os socialistas, é irrisorio, á vista da importante plusvalía que a recalificación vai supoñer para a empresa.

Para os socialistas, non está nada claro o por qué da urxencia no refrendo dun convenio urbanístico do que os grupos da Corporación descoñececen case todo, agás que supón unha auténtica recalificación urbanística sen ter a máis mínima xustificación  no interese xeral. “Non sabemos nin siquera– din os socialistas- se a promotora quere recalificar os terreos para edificar ou si se trata dunha operación especulativa para logo vender como solo comercial, algo que sería realmente criticable”

Vaqueiro afirmou ademáis, que as modificacións do PXOM non deben ser ailladas, e lembrou novamente a Francés, que O Porriño debe modificar o PXOM pero para  crear unha reserva do 40% do solo para vivenda pública, adaptalo a LOUGA e a Lei 9/2006 de impacto ambiental de plans e programas.

Dende o Grupo Socialista afirman que só dende ese enfoque, o dunha modificación integral do PXOM, con participación cidadá, se debería modificar o PXOM. Facelo por medio de convenios urbanísticos con promotoras particulares e sen especificar cal é o interese do mesmo, so responde a unha concepción caduca e oscurantista do urbanismo coa que o PSOE non pode estar dacordo.

“Non podemos compartir – afirman os socialistas – que se fagan convenios urbanísiticos a espaldas da Corporación, e que ademaís de supoñer unha clarísima plusvalía, poidan supoñer unha mera operación especulativa desta Promotora, algo que non atende ó máis mínimo criterio de interés xeral”.

Advertisements

0 Responses to “O PSdeG-PSOE critica a Francés a recalificación de terreos da sociedade Rojo de Jove S.L.”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: