Defendemos denuncia a prohibición da manifestación convocada para o domingo

plataforma3.jpg

A plataforma Defendemos considera un insulto por parte da Subdelegación de Goberno a prohibición da manifestación que tiñan convocada para este domingo. Máis aínda, Defendemos insinúa, en nota de prensa, que esta negativa ven dada a que “agora que o goberno deixou de apoiar aos veciños e non lle importa que Mos quede destrozado e retira o seu apoio, o permiso non se concede”.

 “Os veciños de Mos non somos terroristas”, aseguran, e piden que se lles permita manifestarse pacificamente.

Na mesma liña grupo local do Bloque Nacionalista Galego de Mos asegura en nota de prensa que lamenta os “continuos atrancos que se están poñendo desde a subdelegación do goberno á realización de manifestacións dos veciños e veciñas de Mos que non están de acordo cos trazados da autovía e do AVE ó seu paso por Mos”.

Non entenden, din, que se prohiba unha manifestación solicitada para este domingo por parte da Plataforma de afectados polas obras da autovía e o AVE, se xa houbo duas anteriores que foron permitidas co mesmo percorrido.

“Non se entende, cando se pensa que se teñen garantidos os mínimos dereitos democráticos, que se prohiban manifestacións como si estiveramos nos máis duros tempos da dictadura”.

O BNG pensa que deste xeito desde o PSOE de Provincial, e en concreto desde a máxima representación do goberno central na provincia, se está dando “unha vez máis a mostra clara de espaldarazo ás reinvindicacións dos veciños”. Algo que, aseguran, “non se pode consentir”.

 
Advertisements

0 Responses to “Defendemos denuncia a prohibición da manifestación convocada para o domingo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: