Pedro Borrajo gaba e pon como “modelo a seguir” o plan de traballo de Mos

mos_delegado-emprego.jpg

:: Máis do 35% dos alumnos conseguirán traballo nada máis rematar os cursos que se imparten no municipio::

O delegado provincial da consellería de Traballo, Pedro Borrajo, visitou o CDL, onde se están a realizar os cursos do Plan Experimental de Traballo do Concello de Mos, e tamén os traballos que se están a levar a cabo dentro do obradoiro de emprego que ten concedido o municipio. O delegado asegurou, logo da visita, que o concello de Mos, coa súa colaboración coa Asociación de Empresarios da localidade – que se compromete a contratar a un alto porcentaxe dos alumnos – é un modelo a seguir para outros concellos galegos. “Non teño os datos exactos, pero podo asegurar que esta liña de traballo, contando cos axentes sociais, é a única a seguir a partir de agora”. Borrajo estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, María Jesús Escudero,  o concelleiro de Traballo, Gerardo Alonso, e o presidente e vicepresidente da Asociación de Empresairos de Mos, José Mañas e Vicente Bar, respectivamente. Ambas institucións gabaron tamén os bos resultados do traballo en equipo que teñen posibilitado xa que non que levan neste segundo plan, teñan xa 17 persoas contratadas. Algo tamén moi positivo para os empresarios, segundo aseguraba José Mañas, xa que os alumnos reciben educación específica baseándose nas necesidades da empresa.  

Explicaba Mañas que estes bos resultados son tan patentes que moitas asocaicións doutros municipios, como o de Cangas, xa se interesaron polo plan. O mesmo acontece, segundo a alcaldesa, con outros concellos como O Porriño, cun plan moi similar ao de Mos, Cuntis, Salceda, Compostela ou Culleredo. Este programa, dixo a alcaldesa, é posible grazas ao investimendo da consellería de Traballo, que  dota ao municipio de 878.050,80 euros para o obradoiro de emprego e 143.000 para o plan experiemental de emprego

Advertisements

0 Responses to “Pedro Borrajo gaba e pon como “modelo a seguir” o plan de traballo de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: