Turismo apoia o IV Concurso Internacional e Semana Musical de Salceda

salcade_-direccion-xeral-turismo.jpg

O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e a directiva da Asociación Amigos da Música reunironse o martes en Compostela co Director Xeral de Turismo, Rubén Lois. Nesta xuntanza, o presidente da Banda de Música Cultural de Salceda, Juan Blanco Penas, presentou o proxecto do IV Curso Internacional e Semana Musical que se vai desenvolver o próximo mes de agosto na  vila salcedense, un proxecto ambicioso no que ademáis dos cursos impartidos na edición anterior (tuba, trombón e clarinete) vanse ofertar dous novos: curso de trompeta e curso de dirección de orquestra, que van ser impartidos por algúns dos mellores especialistas mundiais nestes instrumentos. Como complemento cultural, estánse realizando xestións para traer en concerto  a Salceda de Caselas a recoñecidos grupos musicais .

 O director xeral de turismo, Rubén Lois, asumiu o compromiso de apoiar con forza este proxecto que considerou “un dos máis serios e innovadores que existen no país no eido músical”. Confirmou que o Xacobeo asumirá o custo dos concertos e a Dirección Xeral de Turismo colaborará xunto co Concello no orzamento do Curso,que se definirá en próximas datas. Por outra banda, subliñou que se buscará a través da Dirección Xeral de Turismo a máxima difusión, non só a nivel galego senón a nivel estatal e internacional.

O alcalde de Salceda, Marcos Besada, pola súa banda agradeceu o apoio da Dirección Xeral de Turismo ó Curso Internacional e Semana Musical, que considerou como prioritario dentro da política cultural do Concello. Asegurou que o goberno municipal vai a prestar a máxima colaboración nestes actos xa que proxectan musical, cultural e socialmente ó Concello de Salceda de Caselas internacionalmente. Segundo as súas verbas “o paso polo concello de grandes figuras internacionais da música é un feito que nos enriquece a todos”.

Advertisements

0 Responses to “Turismo apoia o IV Concurso Internacional e Semana Musical de Salceda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: