Os socialistas porriñeses informarán nunha conferencia sobre as axudas para o aluguer do Ministerio de Vivenda

:: Será mañán xoves, no Centro Cultural Municipal, ás 21:00h ::

O Grupo Municipal Socialista do Porriño e as Xuventudes Socialistas do Porriño organizan unha Conferencia-Coloquio sobre a situación da Vivienda en Porriño, Galicia e España e explicarán cómo solicitar a subvención de 210 euros do Ministerio de Vivienda do Goberno de España (renta de emancipación) para xovenes de 22 a 30 anos. 

 A Conferencia, que será oficiada polo Portavoz Socialista e Candidato ó Senado por Pontevedra, Iván Vaqueiro, terá lugar o  vindeiro xoves día 17 de Xaneiro, na Casa da Cultura do Porriño ás 21:00 horas e servirá para dar a coñecer a situación dos prezos da Vivenda en Porriño e en Galicia e para explicar ós asistentes, as políticas que está a levar a cabo o goberno de España sobre este campo, en concreto sobre a nova liña de subvencións abertas polo Goberno de España, a Renta de Emancipación para Xovenes de 22 a 30 anos.

No acto repartirase a documentación necesaria para solicitar a subvención e se explicará como pedila Os socialistas afirman que é unha conferencia moi importante para os mozos e mozas de O Porriño polo importante aumento dos prezos da vivenda e as dificultades das persoas con rentas medias para acceder a un dereito fundamental como é o da Vivenda.

Por iso, para os socialistas, é importante explicarlle ós mozos e mozas do Porriño que existen estas axudas de 210 euros ó mes para o pago de alquiler para mozos de 22 a 30 anos. Un estudio dos socialistas do Porriño afirma que dende a aprobación do PXOM do Porriño no ano 2003, os prezos da vivenda no Porriño ascenderon case un 30%, polo que un piso de 90 metros cadrados que valía no 2003 160.000 euros, costa na actualidade 200.000 euros, algo que segundo os socialistas, se debe a falta de políticas locais de fomento da vivenda pública.

Os socialistas afirman que con esta conferencia pretenden tamén explicar as actuacións levadas a cabo en materia de urbanismo e vivenda polo Grupo Municipal Socialista nestes 6 primeiros meses de lexislatura no concello do Porriño, que a pesar de ser rexeitadas polo BNG, representan o camiño que debe recorrer Porriño para facer fronte ó problema da vivenda no Porriño.

Advertisements

0 Responses to “Os socialistas porriñeses informarán nunha conferencia sobre as axudas para o aluguer do Ministerio de Vivenda”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: