O Porriño Industrial depende da remodelación do campo para celebrar os partidos do seu 75 aniversario

o-porrino_porrinoindustrial.jpg

:: O concello está a elaborar un anteproxecto para mellorar as instalacións e agarda que estean listas para a vindeira temporada :: 

O Porriño Industria F.C. celebra este ano vodas de platino: 75 anos cumpre o clube insignia do municipio. Os celebrará o 9 de febrero nunha gala na que agardan contar con afecionados, futbolistas e directivos de diferentes épocas. Sen embargo non poderán xogar partidos con grandes equipos como se tiña previsto nun principio, polo pésimo estado da herba do campo principal. Esta situación podería cambiar en vistas a vindeira temporada, que empeza en setembro, xa que o concello está a elaborar un anteproxecto que prevé a instalación de herba artificial no campo, amais da creación dun campo de fútbol sete, tamén de herba sintética e nova iluminación. Para levar a cabo estas obras de mellora o goberno municipal inseriu xa nos orzamentos unha partida, contando sempre co compromiso adquirido pola Deputación de Pontevedra co clube para a financiación da herba. 

Raúl Francés, alcalde do Porriño, mostrou hoxe, durante a presentación do aniversario do Clube, a intención do goberno municipal de remodelar todas as instalacións, “evidentemente non se poderá facer todo dun ano, temos que marcar unha política de prazos na que o primeiro será o campo de céspede artificial, porque o actual xa non resiste”. 

O mesmo compromiso foi adquirido polo concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez, quen informou que agardan ter o anteproxecto rematado en próximas datas. Ramón Bastos, presidente do Porriño Industrial F.C. agradeceou ao concello a súa colaboración, ao tempo que corroboraba a necesidade das novas instalacións. 

O Aniversario 

Raúl Francés, alcalde do Porriño, manifestou a súa satisfación “porque un club do Porriño poda presentar un balance de xestión de 75 anos”, lembrando que o equipo levou  o nome do Porriño fora do municipio durante moitos anos, apuntando que “nestes momento a actual directiva permite unha celebración á altura que se merece o club”. 

Pola súa banda Ramón Bastos agradeceu a labor feita por presidentes, directivos e xogadores doutras etapas do equipo, “porque esta labor ven de moi atrás”. 

A gala de aniversario do Porriño terá lugar no restaurante Manolo do Porriño o 9 de febreiro. O prezo é de 35 euros para adultos e  20 para nenos de ata 15 anos. A organización convida a todos os afecionados a acudir. Está xa aberta o prazo de inscrición.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño Industrial depende da remodelación do campo para celebrar os partidos do seu 75 aniversario”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: