Caride preside o inicio das obras da PO-342 entre Virxe do Camiño e Mosende

caridemosende.jpg

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, presidiu hoxe o inicio das obras de acondicionamento da estrada PO-342 no treito Virxe do Camiño-Mosende, entre os concellos de Tui e O Porriño. Esta actuación supón un investimento de 4,5 millóns de euros, que inclúen tanto a obra como as expropiacións dos terreos necesarios e a reposición dos servizos afectados. O prazo de execución da obra é de 12 meses.

Esta estrada coincide en boa parte do seu percorrido (ao longo de dous quilómetros concretamente) co trazado do Camiño Portugués a Santiago, polo que as obras que se realizarán nela terán en conta esta singularidade. Así, en toda a súa lonxitude construirase unha senda peonil paralela á calzada de xeito que poida ser utilizada cun maior grado de seguridade tanto polos peregrinos como polos propios veciños da zona.

A estrada ten preto de 7 quilómetros de lonxitude e nela ampliarase a calzada ata os oito metros, con dous carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de medio metro. De xeito paralelo e perfectamente separada discorrerá a senda peonil de outros dous metros de ancho. Ademais, rectificaranse diversas curvas, ampliaranse os pontóns sobre os regatos, reporanse os servizos afectados e habilitaranse espazos para as paradas dos autobuses de xeito que os usuarios poidan acceder ao transporte público en mellores condicións de seguridade.

Ademais, cumprindo cos compromisos da CPTOPT en materia de seguridade viaria, trala súa remodelación a estrada incorporará os sistemas de protección de motociclistas naquelas zonas onde así o aconsella a Dirección General de Carreteras seguindo os criterios fixados na Orde circular do Ministerio de Fomento 18/2004.

Reforma da Autoestrada do Val Miñor cun investimento de 25 millóns de euros
María José Caride tamén anunciou que este xoves o Consello da Xunta aprobará o decreto de declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos terreos necesarios para reformar a Autoestrada do Val Miñor (AG-57). Con este paso iniciarase o procedemento expropiador para reformar a autoestrada de xeito que poida ser utilizada tamén para traxectos interiores entre os concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona e non só para a súa comunicación con Vigo, como ocorre ata agora. Esta reforma tamén permitirá dotar a Baiona dunha circunvalación libre de peaxe. A conselleira avanzou que as obras de reforma da autoestrada suporán un investimento de preto de 25 millóns de euros e terán un prazo de execución de 15 meses.

Ademais, María José Caride lembrou que a empresa concesionaria comprometeuse a implantar tanto nesta como na outra autoestrada de titularidade autonómica, A Coruña-Carballo (AG-55), a peaxe dinámica ou telepeaxe.

Advertisements

0 Responses to “Caride preside o inicio das obras da PO-342 entre Virxe do Camiño e Mosende”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: