Quíntana anuncia en Salceda que a Xunta construirá 40.000 novas vivendas protexidas en Galicia nos vindeiros oito anos

salceda_visita-quintana.jpg 

:: Esta actuación será posible grazas a un plan sectorial que acaba de aprobar a consellería de Vivenda que recalificará como solo residencial 6 millóns de metros cadrados ::

:: A Xunta investirá en Salceda de Caselas 4 millóns de euros para a creación dun gran parque de lecer e vivenda protexida na ribeira do río Caselas ::

Anxo Quíntana, vicepresidente da Xunta de Galicia, anunciou hoxe en Salceda de Caselas a adxudicación por parte da Consellería de Vivenda dun Plan Sectorial de Solo Residencial de Galicia que posibilitará a recalificación en solo residencial de 6 millóns de metros cadrados e a construcción de 40.000 novas vivendas protexidas.

“Trátase dunha figura legal que estaba a disposición do goberno e que nunca fora utilizada”, asegurou o Vicepresidente de  Goberno. De feito, é a primeira vez que se fai algo así en todo o Estado Español.

“Moitos concellos non teñen planeamento e os que o teñen non teñen reserva de solo”, explicaba esta mañá Quíntana, baixo o asentimento de Teresa Táboas, conselleira de Vivenda.

Quíntana agarda resolver con esta medida o problema da disponibilidade de solo para vivenda, a dificultade do acceso á mesma, e a recesión económica provocada por falta de traballo no sector da construcción. Sobre esta base, dixo Quíntana, “xa podemos facer un gran pacto pola vivenda en Galicia”.

salceda_visita-quintana23.jpg

Proxectos para Salceda

Estas declaracións enmárcanse na visita feita polo Vivepresidente e a conselleira a Salceda de Caselas para a sinatura de dous convenios de colaboración; o da inserción do concello no Consorcio Galego de Benestar Social e o Plan Sectorial do Parque da Ribeira de Caselas, no que a consellería de Vivenda investirá catro millóns de euros na creación dun gran parque público de 40.000 metros cadrados e dun área de vivenda protexida de 10.000.

Nesta área do Río Caselas estaba prevista inicialmente a creación dun parque emrpesarial, pero esta idea foi desbotada debido á proximidade dos núcleos habitados e á existencia dun río que require especial protección, ademais da cercanía da plataforma loxística entre Salceda e Salvaterra.

O investimento aproximado para a creación do parque público ascende a 3 millóns de euros. Ademais investirase outro millón de euros na mellora das conexións viarias co núcleo de Salceda. Segundo as previsión da consellería, as actuacións para a creación deste espacio verde, comezarán ao longo do presente ano.

O vicepresidente da Xunta, acompañado da conselleira, presidiu tamén o acto de inauguración da rúa Avenida de Galicia. No acto participou tamén o alcalde de Salceda Marcos Besada, quen agradeceu  á Xunta de Galicia o seu apoio e adiantou que seguirían contando con eles para vindeiros proxectos. O resto da corporación municipal, membros das diferentes asociacións do municipio e veciños acudiron hoxe á cita con Quíntana.

Advertisements

0 Responses to “Quíntana anuncia en Salceda que a Xunta construirá 40.000 novas vivendas protexidas en Galicia nos vindeiros oito anos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: