Os orzamentos de Mos quedan sobre a mesa ao non aprobarse a creación de novos postos de traballo

mos_pleno100108.jpg

:: As contas do concello, unha vez modificadas, levaranse ao seguinte pleno::

 Algo máis de 200.000 euros quedaron sen asignación no orzamento do concello de Mos logo de que a oposición votara en contra da creación de novos postos de traballo. Esto orixinou que as contas do concello deberan retirarse da orde do día para ser modificadas e asignar eses cartos a investimentos.

 Nun pleno cheo de tensións no que, en principio, o punto máis importante deberían ser os orzamentos, o debate se centrou na Modificación de Postos de Traballo (RTP) do Concello, que non foi aprobado, ao aúnar este punto a modificación de postos e a creación de novas prazas. A oposición, xunto co grupo de goberno, quería aprobar a modificación das prazas xa creadas na RTP, pero non a creación de novos postos, a pesar de que a alcaldesa, María Jesús Escudero, informou que eran necesarias para o crecemento do concello e o bo facer da administración local.

 Entre estes postos de traballo que, cos votos da oposición, finalmente non se crearán en Mos, figuraba un técnico de administración xeral, un arquitecto, un auxiliar de persoal, dúas prazas de oficiais de vías e obras ou dúas prazas de policía local. “Queremos ir aumentando progresivamente a plantilla ata chegar a ter unha plantilla que poida facer turnos as 24 horas”, explicou Escudero con respecto as forzas de seguridade local, entendendo que o importante “é buscar máis seguridade para a vecindade de Mos”.

 Mención a parte ten a dos conserxes do municipio, que pedían un cambio de categoría que, segundo Escudero, a lei non admite. A alcaldesa pretendía solucionar este tema pagando os traballos extraordinarios que fagan a máis, pero a desconfianza do PP e a intervención dun responsable sindical que irrumpiu o pleno fixo que este tema deba levarse a unha nova comisión.

 “Non é posible que fai dous anos se aprobe a RTP e agora nos diga que é insuficiente”, aseguraba Nidia Arévalo, voceira popular. Pola súa banda, Xosé Manuel Ojea, voceiro nacionalista, defendeu o seu voto en contra baseándose en que “a creación de prazas non se acompaña dun estudio técnico que xustifique a súa necesidade”.

 Escudero lembrou que no concello fai falla máis persoal, “temos necesidade de máis traballadores, sobre todo da policía local”. Polo momento o persoal laboral dependente do concello aumentou en máis dun  200% en catro anos, pasando de 70 a 170 traballadores.

 No pleno de onte si se aprobaron outros puntos como o regulamento do programa ANTA para o concello de Mos, o Regulamento do Servicio de Axuda no Fogar, a posta en disposición da consellería dos terreos para o saneamento de Ameirolongo, Guizán e Torroso ou as mocións presentadas polo BNG para reprobar a actuación da concelleira de Cultura pola impresión en castelán das axendas do concello, e tamén abrir unha investigación sobre un verquido no río Louro.

 

 

Advertisements

0 Responses to “Os orzamentos de Mos quedan sobre a mesa ao non aprobarse a creación de novos postos de traballo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: