Delfín Fernández pide ‘un esforzo’ para garantir a seguridade nos polígonos de MOS

mos_-delfin-fernandez.jpg

:: Tras reunirse coa directiva da Asociación de Empresarios de Mos, o subdelegado do Goberno indicou que o municipio mosense “da mesma maneira que aposta por polígonos industriais ten que apostar pola seguridade” ::

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez, pediu “un esforzo” ao concello de Mos para que efectivos da Policía Local deste municipio pontevedrés reforcen a seguridade nos polígonos industriais desta localidade que teñen sido obxecto de diferentes roubos violentos nos últimos meses.

Tras reunirse coa directiva da Asociación de Empresarios de Mos, Fernández Álvarez indicou que o municipio mosense “da mesma maneira que aposta por polígonos industriais ten que apostar pola seguridade” e subliñou que nesta localidade non circulan coches patrulla “nin de noite, nin en fins de semana, nin sequera polas tardes”.

O subdelegado do Goberno en Pontevedra salientou a aposta “pola coordinación da Policía Local, cuxa labor é fundamental sobre todo a partir do punto de vista da disuasion”. Respecto ao atraco perpetrado en decembro por dúas persoas na empresa Tuypan, que se saldó co fillo do propietario da compañía ferido grave, Fernández Álvarez apuntou que “a liberdade ten algúns prezos” e dixo que vivimos “nun país democratico, libre e cada vez máis plural onde temos estranxeiros que xeralmente están ben integrados e traballan”. Neste sentido, aclarou que hai culturas “diferentes” e apuntou que “para algunhas persoas estranxeiras matar a unha persoa non significa o mesmo que para nós e temos que ser conscientes desa situación”.

Respecto a Vigo, dixo que é “unha das cidades mais seguras de España” e referiuse a un estudo de 33 urbes españolas no que a cidade olívica ocupa “o cuarto lugar”.

Doutra banda, o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, que tamén se reunión con Delfín Fernández, apostou por que a provincia “sexa catalagogada como unha das mais seguras de España”.

Advertisements

1 Response to “Delfín Fernández pide ‘un esforzo’ para garantir a seguridade nos polígonos de MOS”


  1. 1 diogo 11 Xaneiro 2008 ás 07:39

    Non coñezo ningunha cultura na que a vida teña pouco valor.
    Polo contrario si hai situacións e circunstancias sociais que poden devaluar a propia vida. Pero iso con independencia da túa procedencia. Este Delfin saiu un pouco racista


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: