O PSdeG-PSOE do Porriño pide que se cree ‘xa’ a Fundación Antonio Palacios

 

vaqueiro1.jpg

:: Vaqueiro afirma que todos os trámites administrativos e estatutarios estaban feitos e que sospeitan que “o BNG non fixo ningunha xestión para poñela en marcha logo de dicir en sesión plenaria que si o faría” ::

Iván Vaqueiro, Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Porriño anunció que o seu grupo pedirá novamente mediante unha moción no vindeiro pleno da Corporación, a creación da Fundación Arquitecto Antonio Palacios, un proxecto que o PSOE impulsara dende a Concellería de Turismo, cando exercía labores de goberno na anterior lexislatura, e que non se puido poñer definitivamente en marcha por mor da petición do BNG de xestionar o apoio da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia.

Os socialistas afirman que, pasado máis de un ano e medio dende o pleno onde Raúl Francés pedira ó PSOE tempo para falar coa Conselleria de Cultura, chegou o momento de preguntar polas xestiones realizadas neste eido e se non fora o caso, esixir ó BNG o cumprimento da moción aprobada por maioría absoluta pola Corporación Municipal anterior.

O proxecto de Fundación Palacios é, para os socialistas do Porriño, un proxecto estratéxico para o Concello do Porriño, non só pola centralidade cultural que suporía para o Concello, senon tamén pola proxección internacional que suporía ter a sede desta Fundación no Porriño, terra natal de Antonio Palacios, e non noutra cidade, como por exemplo, Madrid.

O socialista anunciou que o PSdeG-PSOE do Porriño, poñerase en contacto co Grupo Parlamentario socialista para facer unha pregunta ante a Conselleria de Cultura e coñecer a opinión da Conselleria sobre este proxecto, pois os socialistas sospeitan que o BNG non fixo ningunha xestión neste eido.

“Sería triste – afirmou Vaqueiro- que o BNG non defendese o patrimonio cultural e artístico porriñés non apoiando a creación desta Fundación”.

Independentemente do apoio ou non da Consellería, Iván Vaqueiro afirmou que para os socialistas, o Concello debe poñer en marcha xa este proxecto, inda que sexa en solitario ó principio, pois todos os trámites administrativos e estatutarios estaban feitos, agás a sinatura do Alcalde, denuncian os socialistas.

 

 

Advertisements

0 Responses to “O PSdeG-PSOE do Porriño pide que se cree ‘xa’ a Fundación Antonio Palacios”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: