A concellería de Medio Ambiente executará obras de abastecemento en Mos por un importe de máis de 600.000 euros

mos_-abastecemento.jpg
::  Estas actuacións solucionarán os problemas de abastecemento de auga nas parroquias de Torroso, Mos e Louredo ::

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible executará obras de abastecemento en varias parroquias do concello pontevedrés de Mos, por un importe de 613.167 euros. O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre as administracións autonómica e local para acometer este proxecto.

O obxectivo destas actuacións é solventar os problemas de abastecemento das parroquias de Torroso, Mos e Louredo, a fin de que todos os núcleos teñan servizo de auga potable en cantidade e calidade suficiente. Para elo está prevista a construcción dunha rede de abastecemento mediante a instalación de oito tramos de tubos conectados dende a rede principal.

As obras, que contan cun prazo de execución de nove meses, estarán financiadas nun 70,65% pola Consellería de Medio Ambiente e nun 29,35% polo Concello de Mos. Deste xeito, o departamento que dirixe Manuel Vázquez realizará unha achega de 433.167 euros con cargo aos orzamentos da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) e o concello aportará 180.000 euros.

Advertisements

0 Responses to “A concellería de Medio Ambiente executará obras de abastecemento en Mos por un importe de máis de 600.000 euros”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: