Salceda aproba uns orzamentos de “transición e contención”

salceda_pleno.jpg 

:: O goberno comprometeuse a non subir as taxas durante este exercicio :: 

Uns orzamentos de “transición e contención no gasto”, así definiron tanto o alcalde, Marcos Besada, como  o concelleiro de Facenda, Xosé Manuel Suárez, as contas para este 2008 que foron aprobadas este venres en pleno ordinario. 

“Con estes orzamentos de transición pretendemos poñer a casa a andar”, asegurou Besada, ao tempo que aseguraba que, aínda que quixera ter aprobado unhas cifras máis contundentes “a situación económica é preocupante e nos vai a custar un esforzo importante poñela en orde”. Cubrir o desfase do 2007 custará xa 600.000 euros do orzamento do novo ano, polo que o goberno de Salceda, formado por nacionalistas e socialistas, prantéase unha política de investimentos a catro anos centrada sobretodo no apartado de benestar e promoción do emprego.

O saneamento integral, o abastecemento e o novo centro de saúde, son outros dos investimentos prioritarios para este exercicio, no que tamén se regularizará a situación no persoal do concello, reforzando algunhas áreas para acadar máis coordinación como é a de urbanismo, onde se pretende dar máis celeridade na concesión de licencias. O apoio ás entidades culturais e deportivas lévase tamén un importante apartado nos investimentos. Hai un capítulo tamén para obras nas parroquias. 

O goberno conta, sen embargo, que a maior parte dos investimentos que cheguen a Salceda este ano sexa da man de outras administración, lease Xunta, Deputación… Para elo son continuas as reunións con diferentes consellerías. Desta forma chegan xa os cartos para o centro de saúde, para a redacción do plan xeral, que se espera ter nesta lexislatura, para a galescola ou o novo punto limpo. 

Non haberá subida de impostos

Un dos compromisos acadados polo goberno no pleno de aprobación dos orzamentos, foi non subir as taxas nin os impostos. De feito agardase incrementar a recadación nesta área, pero non subindo os prezos, senón facendo que todos os veciños paguen a súa contribución. No que vai de lexislatura xa son 2.000 as casas que pagan “a urbana” e que antes non o facían. 

Os popularen falan duns orzamentos pesimistas

O Partido Popular votou en contra dos orzamentos, que calificou de “pesimistas”, acusando o goberno de “falta de peso político”. “Entendemos – dixo o seu voceiro – que a forma de xestionar o concello dos actuais concelleiros é de traballar con moito papelexo, unha labor de funcionariado, pero non de facer xestión política para conseguir compromiso” 

Advertisements

0 Responses to “Salceda aproba uns orzamentos de “transición e contención””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: