Rodríguez Novás reclama da Deputación a instalación de céspede artifical no Lourambal

marcos-rodriguez.jpg 

O concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez Novás, quixo lembrar que Manuel Carrera, xunto co Presidente da Deputación, o señor Louzan, fixeron pública, en plena campaña electoral, a promesa de dotar ao campo de Lourambal de céspede artificial, “ e a día de hoxe non temos noticias do asunto”, afirmou o concelleiro.

 Rodríguez indicou que “o concello porriñés si reservou para estas dotacións as partidas que ten que achegar para a súa execución, mais inda non temos noticias das inversións prometidas desde a Deputación de Pontevedra”.

O concelleiro de Deportes do concello porriñés, reafirmouse , en resposta ás declaracións efectuadas nos últimos días polo portavoz do Partido Popular, Manuel Carrera, na súa proposta de suba do convenio do clube de fútbol de Atios. Marcos Rodríguez afirmou que “a nosa proposta de suba do convenio foi votada en contra polos grupos da oposición, quenes apoiaron outra que propuxo manter o convenio anterior aplicándolle a subida do IPC”. “Estas votacións están recollidas nas actas do Pleno, polo que remito ao señor Carrera ás mesmas, o portavoz popular debe retirar os calificativos de demagoxia e falsedade, afirmou o concelleiro.

Advertisements

1 Response to “Rodríguez Novás reclama da Deputación a instalación de céspede artifical no Lourambal”


  1. 1 basquet 30 Decembro 2007 ás 15:12

    Lo de este tipo no tiene nombre. Primero quiere recortar todas las ayudas a los clubs deportivos. Ahora, para quedar bien, quiere subir el convenio a sus amigos de Atios para parecer que ellos si quieren subir los convenios ¿Y el resto qué?

    Que desastre de gestión deportiva la del BNG!!!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: