A carreira benéfica anual do IES de Mos levará o nome de Soledad Castro

mos_homenaxe-sole-3.jpg

Por segundo ano consecutivo o IES de Mos organizou o último día de clase antes do Nadal unha carreira benéfica para recadar fondos para os nenos de Etiopía. Nesta ocasión conseguíronse máis de 1.300 euros que foron entregados a Addis Galicia para que o faga chegar a proxectos dese país.

O departamento de Educación física do IES de Mos, decidiu homenaxear á deportista e profesora Soledad Castro e poñerlle o seu nome a esta carreira en vindeiras ocasións. Nun emotivo acto ao que asistiron os corredores e corredoras da carreira solidaria, a alcaldesa de Mos, unha representante de Addis e da empresa TDT, Soledad Castro e a súa familia. Os compañeiros de Soledad Castro dedicáronlle unhas verbas en agradecemento ao seu traballo no instituto. Ao remate da nova reproducimos o texto íntegro. 

mos_homenaxe-sole.jpg

Recoñecemento de A Peneira da LouriñaO Xornal A Peneira da Louriña quixo participar no acto e agradecer todo o esforzo que está a desenvolver non só no eido do deporte senón tamén para dar a coñecer a Mos fora da comarca. Soledad Castro é colaboradora habitual de A Peneira da Louriña cunha sección na páxina de cultura denominada “Historias do Tranvia”   

mos_homenaxe-sole-2.jpg

Carta do IES Mos a Soledad Castro Soliño
 Querida Sole: Os teus compañeiros do IES Mos queremos rendirche esta homenaxe porque levas moito tempo abraiándonos cos teus resultados deportivos pero sobre todo porque levas tamén moito tempo sendo unha profesora exemplar. Admiramos a túa constancia, o teu saber estar, o traballadora que es, bibliotecaria meticulosa, paciente, sacrificada e xenerosa. Esa capacidade de entrega a todo e a todos, ese esforzo persoal que pos en todos os terreos da vida fan que hoxe non podamos máis que expresarte a nosa admiración.


Sabemos que nunca o tiveches fácil e que moitas veces loitaches contra ti mesma por un deporte moi desagradecido para o esforzo que supón. Unha rapaciña que collía tódalas tardes o autobús para ir a Castrelos a entrenar e que voltaba de noite chovendo e xiando moitas veces e mentres a túa nai saía a esperarte a parada do autobús cando o día seguinte había que estudar ou traballar.
Es o millor exemplo para os nosos alumnos, para os mosenses, para todos nós.
Gracias por seres así: unha incrible boa persoa e unha traballadora infatigable. Noraboa.

Advertisements

1 Response to “A carreira benéfica anual do IES de Mos levará o nome de Soledad Castro”


  1. 1 marian 10 Marzo 2008 ás 12:18

    ola a todos os mosenses espero ke estedes todos moi ben son marian e vivin ali moito tenpo asta novembro deste ano e asegurobos que Mos e precioso e ten xente marabillosa e espero que sexades todos moi felices e os acordedes todos moito de min como eu me acordo de vos e sobre todo da coral O SON DOS CANTARES e da alcadesa que moito os axudou e espero ke siga gobernando moito tempo dona Mª Jesus Escudero e que tamen dure moitos anos a coral e sobre a carreira a min pareceme moi bonito correr por unha obra benefica MOITOS SAUDOS PARA TODOS OS MOSENSES PERO SOBRE TODO A CORAL O SON DOS CANTARES KE ME FIXO MOI FELIZ DURANTE A MIÑA ESTANCIA EN MOS

    MOITOS BIKOS MARIAN

    MACEDA 10/3/2008


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: