Mos elixe a alternativa 11 para a conexión coa rede arterial de Vigo

mos_-rede-arterial-de-vigo.jpg

Na Comisión Informativa Extraordinaria sobre a conexión da estrada A-57 coa rede arterial de Vigo e o acceso ao aeroporto de Peinador, a corporación municipal acordou por unanimidade propor ao Ministerio de Fomento a alternativa número 11 como a máis positiva para o Concello de Mos. Esta alternativa, moi parecida á proposta inicialmente por Fomento, ten como elemento diferenciador o feito de que contempla a incorporación  cara ao enlace a carretera de  Arrufana o que liberaría o tráfico  pesado desa zona así como o de Guizán e da N-550. Neste senso este concello incide en que no lugar da Arrufana  a empresa Xestur construirá un importante  Polígono Industrial., polo que se propón a Fomento que se engada o enlace á zona da Arrufana segundo o exposto anteriormente. Pola coroporación municipal   acordouse ademais propor unha emenda ao dictame traído a aprobación: de ser viable, acercar ó máximo posible  o trazado ao oleoducto existente, reducindo así a posible liña de afección  das empresas existentes na zona, e que a incorporación á autovía do tráfico do futuro Polígono de Arrufana   se realice dende o propio Polígono en vez da estrada de Arrufana.  Deste xeito desviaríase o tráfico pesado que na actualidade soportan os núcleos de poboación de Santiaguiño e Arrufana..

Advertisements

0 Responses to “Mos elixe a alternativa 11 para a conexión coa rede arterial de Vigo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: