O pleno do Porriño da o visto bo o á entrada no Consorcio de Igualdade

:: A integración do municipio suporá a contrucción dunha galescola, dun centro de día e dunha oficina territorial ::

 Custou case un ano e dous plenos, pero ao final o concello do Porriño aprobou a súa inclusión no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, posibilitando así que se constrúa no concello unha Galescola, un Centro de Día e unha oficina territorial de Igualdade e Benestar.

Co apoio incondicional do BNG e do PSOE – xa o tivera no mes de xuño, cando se levara a pleno por primeira vez – os outros partidos da corporación mostrábanse ao principio reticentes á inclusión do municipio no Consorcio, a pesar de admitir a importancia que podería supor para o municipio estes dous centros.

O Partido Popular pedía que, antes de que O Porriño entrase no Consrcio, se firmase o acordo entre a FEGAM e a Xunta mentres o partido Ciudadanos por Porriño non tiña todas consigo con respecto ao convenio que se ía a asinar, “gustaríame que o alcalde dixese que convenio de adhesión se vai asinar, non queremos unha inversión a calquera prezo”, asegurou José Manuel Jacobo, aínda que ao final este grupo votou a favor da inserción. Independientes de Porriño se abstivo na votación – xunto co PP – ao non aprobarse a súa proposta de que o punto quedara sobre a mesa.

Raúl Francés, ante as dúbidas dos tres grupos explicou que “votar en contra do consorcio implicaría que ningunha das obras previstas se fixeran no concello do Porriño”. Unhas instalacións que sen dúbida o beneficiarán e que O Porriño non podería asumir sen a axuda da Xunta, pois o consorcio aportaría o 80% do custo da construcción da Galescola, o 70% da súa xestión e o 100% da construcción do Centro de Día. Neste senso o Partido Popular mostraba as súas reticencias a que este centro dese cobertura a máis concellos ademais do do Porriño ao que o alcalde respondeu que o mesmo pasaba co Parque de Bombeiros ou cos hospitais, e que non deixaba de ser unha vantaxe telos na localidade. “O centro de día non está territorializado, pero sen dúbida dará máis servizos a xente máis próxima que a máis alonxada”.

Advertisements

0 Responses to “O pleno do Porriño da o visto bo o á entrada no Consorcio de Igualdade”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: