A Guardia Civil identifica aos presuntos autores do estourido do Porriño

o-porrino_-impacto.jpg

 

:: A Con idades comprendidas entre os 16 e os 21 anos, poden enfrontarse a unha imputación por un delito de danos ::

 

A Guarda Civil localizou e identificou a tres mozos da comarca igo como presuntos aoutores do estourido dun artefacto que se rexistrou na noitedo luns no Porriño. Aos tres se lles podería imputar a comisión dun delicto de danos contra a propiedade pola súa posible relación coao detonación do artefacto, elaborado con petardos pirotécnicos.

 

Un único mozo, A.C.D., de 21 anos e veciño de Mos foi detido como presunto autor material e imputado pero quedou onte mesmo en liberdade con cargos e pasará hoxe a disposición xudicial. Ademais os axentes identificaron a outros dous mozos, un deles menor de idade, como  supostos cómplices.

 

A Policía Local do Concello do Porriño confirma, ademais, que en todo momento, “dende cinco minutos logo do estourido”, se tivo a estes tres mozos como principais sospeitosos e continúan a sinalar que se tratou dunha “gamberrada”. As primeiras testemuñas, é dicir, os veciños do Porriño que tras escoitar a explosión saíron as fiestras ou baixaron a rúa, foron as que puxeron ás forzas de seguridade sobre a pista ao asegurar, como onte apuntaba A PENEIRA DA LOURIÑA, que viran a uns rapaces correndo en dirección ao parque do cristo.

 

A explosión foi orixinada por unha pequena caixa cuberta de plástico e enchida con material pirotécnico, como se apuntou nun primeiro momento.

Advertisements

0 Responses to “A Guardia Civil identifica aos presuntos autores do estourido do Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: